Ana Ojea Alonso é profesora lesbiana visible de Cultura Audiovisual en Bacharelato de Artes e responsable de Diversidade Sexual, de Identidade de Xénero e Familiar e Titora LGBTIQA+ no IES Politécnico de Vigo. Tamén é cofundadora, coordinadora e socia promotora da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia. Ademais traballa como formadora de profesorado en diversidade sexual, de Identidade de Xénero e Familiar a través dos CFR/CAFI, colaboradora en diversas publicacións e na creación de recursos didácticos sobre diversidade sexual.
O martes 31 de outubro acompañounos no IES Perdouro dentro do programa Lectura e familias e informou sobre a lexislación que ampara ao colectivo LGBTQIA+, sobre a diversidade que engloba o colectivo, sobre os prexuízos que teñen que sufrir e sobre o acompañamento do que debería gozar desde a nenez e a adolescencia calquera que se inclúa entre as persoas non heterosexuais ou non cisxénero.
Recomendou ademais algunhas lecturas como os libros de Lucas Platero, Noemi Parra, Camino Baró etc. En BiblioPerdouro podedes atopar moitas obras interesantes sobre esta temática. Botade un vistazo aquí ou buscade a pegatina do arco da vella.
Podedes acceder a máis imaxes do encontro con Ana Ojea AQUÍ.
Sem comentários:
Enviar um comentário