9.10.23

Viaxe a JimSport e Conxemar do cliclo superior de Administración e Finanzas

Os alumnos do ciclo superior de Administración e Finanzas fomos de excursión os días 4-5 de outubro. O primeiro día fomos a Jim Sports, o maior distribuidor de material deportivo do territorio nacional. Alí, unha técnica explicounos con todo detalle a que se dedica a empresa, as subcontratas, e todos os procesos. Podo dicir que o que máis nos chamou a atención a todos foi a historia de como se creou a empresa e ata onde chegou así como todos os plans que teñen de futuro. Tras a presentación fixemos un percorrido polas instalacións, dende a parte administrativa, pasando polo almacén e a loxística, o ximnasio e os talleres de creación de produtos que eles venden. 

O segundo día, tras hospedarnos en Pontevedra, fomos a Vigo a Conxemar. Trátase dunha feira Española de Maioristas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos de Pesca e Acuicultura. Esta feira tiña 5 partes: exposición dos produtos conxelados, maquinaria, packaging, estans de exportación mundial e unha zona onde cociñaban o produto e o daban a probar ao público. 

Foi unha experiencia inesquecible que repetiríamos con moitas ganas e da cal aprendemos cousas novas.

Para ver as fotos da viaxe prema aquí.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...