O martes día 5 de marzo, Antía Yáñez visitou o IES Perdouro na Semana da Muller, vencellando o seu discurso co seu libro Senlleiras.
Comezou comentando por que se decidira a escribir sobre o tema da violencia machista, como tivo o seu primeiro contacto con este tipo de violencia e como investigou sobre ela.
Tamén nos falou de como comezou no mundo da lectura, mencionando, entre outros, os libros dos “Cinco” e os de Harry Potter, algunha das súas lecturas favoritas. Ademais, reflexionou sobre a chamada “literatura romántica”: como era cando ela a coñeceu sendo adolescente e como segue sendo igual agora.
Xa centrándose no seu libro Senlleiras, comentounos como se lle ocorrera a idea central (unha noticia real sobre unha influencer que morrera en estrañas circunstancias), falounos dos espazos que lle serviron de inspiración (Vila Chorima e a Casa Viturro) e tamén dalgúns dos personaxes da novela e os seus referentes reais.
Para rematar, respondeu as nosas preguntas sobre o seu labor de escritora e outros libros que leva escrito.
Accede a reportaxe fotográfica AQUÍ.
Gabriel Fernández, 1º BAC-B
Sem comentários:
Enviar um comentário