Séchu Sende comezou facendo un repaso breve a súa traxectoria literaria e
nada máis empezar soubo cativar o alumnado coas súas propias vivencias
coa lingua galega. Contou anécdotas que lle sirviron para escribir Made en Galiza
e conseguiu en máis dunha ocasión as risas do alumnado, que permaneceu
fascinado ao longo da intervención do autor. Este continuou falando da
súa viaxe ao Curdistán e terminou afirmando que no caso da lingua do
país - sexa cal sexa este - é tan importante falala como saber
escoitala. Antes de rematar o coloquio, unha lectura multilingüe feita
por alumnos dos catro continentes dun fragmento de Made in Galiza converteuse
na pinga intercultural do evento. O rematar o encontro o alumnado
aproveitou a ocasión para pedirlle a Séchu asinar os seus exemplares.
Esta actividade de animación á lectura dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato foi unha experiencia maravillosa, e Séchu Sende enfeitizou os corazóns de todos nós.
Esta actividade de animación á lectura dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato foi unha experiencia maravillosa, e Séchu Sende enfeitizou os corazóns de todos nós.
Sem comentários:
Enviar um comentário