A Mariña posúe un patrimonio histórico- cultural digno de
ser coñecido, admirado e respectado. Con esta intención, os alumnos e alumnas de 1º da ESO, acompañados polos seus profesores, Maribel, Antón, Helena e Rosa, realizaron un
itinerario histórico pola zona Oriental
e Central, unido a un roteiro xeográfico
para coñecer os puntos e lugares máis significativos. A súa profesora de Ciencias Sociais deseñou unha actividade completísima. Na seguinte reportaxe fotográfica veredes como o alumnado se achegou ao noso entorno xeográfico máis próximo.
Todo un pracer
para a vista e un motivo máis para o enriquecemento cultural.
Sem comentários:
Enviar um comentário