O luns 29 de abril, tivo lugar na biblioteca do centro o acto de clausura dos Encontros de Banda Deseñada na Mariña asi como a entrega de premios.
Abriron o acto o director do IES Perdouro, Santiago J. Pérez e o Alcalde de Burela, José González Barcia. Antes de darlle paso ao noso convidado estrela, Miruca Parga, representante do EDL, fixo unha retrospectiva sobre a arte da comunicación en base á imaxe e a nosa lingua.
Xosé Tomás foi quen nos adentrou ao mundo da ilustración e da imaxe a través dun curto obradoiro moi claro e conciso. Primeiro definiu a banda deseñada e falounos de elipse, globos, personaxes, planos e movementos. Para rematar o seu coloquio, tivo a xentileza de debuxar para nós. Botádelle unha mirada a reportaxe!!
Logo procedeuse a entrega dos Premios. Noraboa a todas e todos os premiados desta quinta edición.
Sem comentários:
Enviar um comentário