A campaña educativa "Separemos ben, reciclaremos mellor", promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama, contando coa implicación de Ecoembes e os Sistemas Integrados de Xestión de Pilas, ten como obxetivo o de informar acerca das ventaxas, tanto ambientais como económicas, da colaboración ciudadana no ámbito da recollida selectiva, garantizando con esto o posterior reciclado dos refugallos producidos.
Así pois, o xoves 14 de novembro coincidindo coa semana internacional da Reciclaxe, todo o alumnado de ESO e PCPI asistiu ás charlas informativas
impartidas por educadores ambientais que lle explicaron en que consiste
unha xestión sostible do lixo, proporcionándolle ao alumnado as boas
prácticas coas que facer efectiva a súa participación: desde o consumo
responsable e a prevención de residuos, ata a reutilización e adecuada
segregación dos mesmos. Explicaron a necesidade de contar coa participación de todos a través da práctica das Tres erres "3R": Reducir as cantidades de lixo producidas, Reutilizar os produtos o maior
número de veces posible ata esgotar a súa vida útil, e Reciclar separando as
distintas fraccións que conforman o lixo. Ao remate da actividade entregáronse a cada alumno un folleto informativo de axuda para identificar os distintos residuos así como o colector correspondente.
Sem comentários:
Enviar um comentário