4.11.13

IV Día da Ciencia en Galego - o dereito a gozar da ciencia en galego

Dia da ciencia en galegoCon motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.

Temos a sorte de poder participar na videoconferencia que impartirá Jorge Mira o vindeiro martes 12 de novembro a partir das 12h30 na biblioteca.

Título: Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol.

Relator: Jorge Mira PérezDoutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade investigadora está centrada no estudo do magnetismo en sólidos e a nanotecnoloxía, e tamén no estudo de sistemas de falantes con idiomas en competición. Publicou numerosos traballos especializados en publicacións de prestixio e desenvolve un importante labor divulgador en libros, nos medios de comunicación ou do programa "ConCiencia" (USC), do que é responsable.
Páxina web: 
http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm
 
Sinopse: Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...