O día 18 de febrero desenvolveuse a actividade de encontros na USC. O alumnado de 2º de bacharelato, visitou as distintas facultades tanto do campus norte como do campus sur da Universidade. Os alumnos/as tiveron a oportunidade de facer polo menos dúas visitas ás facultades pertencentes a algunha das áreas de coñecemento, dos estudos que están interesados en cursar.
No campus sur os alumnos/as visitaron as facultades de óptica, enxeñería química, enxeñería informática e químicas entre outras. Tamén visitamos as facultades de ciencias políticas, relacións laborais e dereito. As charlas foron interesantes posto que fixeron unha aproximación o perfil profesional de moitos estudos que non son moi populares. Na facultade de relacións laborais por exemplo explicoúsenos que un graduado en relacións laborais defende os seus clientes no xulgado do social. E que a formación dun graduado en relacións laborais ten unha especialización no dereito do traballo, cunha duración de máis créditos que un graduado en dereito. Foi interesante tamén, entender á aplicación práctica dalgúns estudos nas funcións desenvolvidas na empresa (elaboración de nóminas, liquidación de obrigas fiscais). Aclarouse igualmente moito os contidos do plan de estudos (en relacións laborais por exemplo, falóuselle dos contidos esenciais da titulación, como pode ser o coñecemento do sistema da seguridade social.)
Por poñer outro exemplo en ciencias políticas tamén lles explicaron aspectos do plan de estudos (historia do pensamento e das institucións políticas, dereito administrativo, técnicas cualitativas de investigación…). Deúselle información tamén sobre as saídas profesionais (asesoría aos partidos políticos, realización de estudos de opinión, distintas oposicións nas distintas administracións públicas…)
Os alumnos que se quedaron no campus norte, visitaron as facultades de medicina, odontoloxía e enfermería. Na súa visita puideron coñecer os distintos departamentos e instalacións. Tamén visitaron a facultade de ciencias da comunicación (coñecendo as distintas saídas profesionais de estudos como comunicación audiovisual: editores, guionistas, realizadores…)
Nestas charlas tamén falaron de xeneralidades acerca do espacio europeo de ensinanzas superiores como o significado dos créditos do plan de estudos. Os requisitos para obter o grado, como o traballo de fin de grao que os alumnos deberán defender ante un tribunal, ou os requisitos do marco de referencia europeo para os estudios de linguas (necesidade de ter o nivel B1, nunha lingua comunitaria). Tamén se nos proporcionou información sobre os masters que un alumno pode cursar para unha formación máis especializada, unha vez rematado o grao.
En resumo, este tipo de actividades son de moitísimo interese posto que poden motivar e axudar a madurar o proceso de toma de decisións, que condicionará o futuro profesional do estudiante.
Sem comentários:
Enviar um comentário