Dentro do programa de actividades deseñado polo proxecto A Mariña Emprende, o alumnado de 4º de ESO, 4º PDC e PCPI viaxou o venres 25 de abril ata a Pontenova co obxetivo de sensibilizarse co espírito emprendedor como forma de favorecer a súa empregabilidade, responsabilidade e autonomía persoal. Visitaron empresas do sector do metal nas que puideron ver de primeira man cómo era a produción artesanal asi como a actual produción industrial automatizada.
Visitaron a empresa Industrial Recense que se dedica a sistemas de fixación a medida para a construcción e outros sectores. Entrevistáronse co seu patrón que lles explicou a historia da empresa, o número de empregados, as exportacións polo mundo e as cifras do negocio. Foron testemuña dun claro exemplo de emprendemento: o crecemento dun pequeno taller de artesanía a unha empresa competidora e líder a nivel internacional.
Ademais desprazaronse ata Riotorto para visitar o obradoiro do ferreiro MAF (Ferrería e mazo tradicional) que lle ensinou o proceso de fabricación cun coitelo, dende a forxa ata o mango. Un traballo artesán de moita dedicación....
Foi un grato descubrimento para o alumnado que puido acercarse ao mundo empresarial.
Agradecemos a excelente reportaxe gráfica realizada por Alberto Rivera Caboalles, profesor de informática dos alumnos de 4º!!!
Agradecemos a excelente reportaxe gráfica realizada por Alberto Rivera Caboalles, profesor de informática dos alumnos de 4º!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário