Co obxetivo de completar a formación recibida nas aulas e talleres do IES Perdouro de Burela, os alumnos do Ciclo Medio de Mecanizado foron visitar en Arteixo a fábrica Metalúrgica Gallega (Hros. de Ignacio de la Iglesia S.A.), unha empresa de Fabricación Mecánica líder no sector que se adica á construcción e reparación de bens de equipo desde 1925. Son 25.000 m2 se superficie cuberta para talleres de calderería, mecanizado, montaxe, chorreo e pintura. Os sectores nos que desenvolve o seu traballo son o aeronáutico, naval, siderúrxico, cemento, hidráulico, automoción, eólico, madeira e industria extractiva.
Durante a visita un técnico foi mostrando e informando dos diversos traballos que realizan na empresa e ensinou ao grupo de alumnos as máquinas e técnicas empregadas na fabricación. A visita centrouse na zona de mecanizado e en concreto nas máquinas de control numérico como tornos verticais e mandrinadoras. Os alumnos quedaron impresionados coa magnitude destas máquinas xa que algunhas eran capaces de tornear diámetros superiores aos 5.000 mm. Unha visita moi formativa!!

Sem comentários:
Enviar um comentário