Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego o vindeiro mércores 4 de novembro,
a Coordinadora Galega de ENDL organiza a videoconferencia "A máquina que constrúe a mente e a realidade" impartida por Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago
de Compostela (1998), especialista en neurofisioloxía da Uuniversidade da Coruña. Breve nota biográfica.
Sinopse da conferencia: Todo
o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as
emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina
que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de
millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para
comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como
funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos?
Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?
Sem comentários:
Enviar um comentário