Fai dous mércores comentabamos os 5️⃣ comportamentos nos que era bo “traballar” para, dese xeito, mellorar o noso benestar.
Hoxe propoñemos a seguinte actividade para poñer en práctica o segundo deles: FACER ALGO POLOS DEMAIS.
A proposta é para traballar durante unha semana.
1️⃣ Ten presente que durante toda a semana vas facer algo polas persoas coas que convives, e incluso por algunha que non coñeces.
2️⃣ Pensa nas cousas que te fan sentir ben, por exemplo:
- a) Comer acompañada
- b) Manter unha boa conversa
- c) Que alguén che bote unha man cando vas moi cargada
- d) Que alguén che axude coas túas tarefas.
- e) Etc…
3️⃣ Ponte mans a traballar: vas facer algo polas persoas que te rodean. Aquí tes algunha proposta:
- a) Conversa con túa nai/ pai escoitándoa/o con interese.
- b) Se vas de compras ao súper e ves a alguén que necesita axuda, anímate a botarlle unha man.
- c) Se estás na cola dun súper podes deixarlle pasar a esa persoa que crees que vai apurada.
- d) Bótalle unha man coas tarefas a ese compañeiro/a que sabes que o pode necesitar.
- e) Comparte o teu bocadillo a ou invita a alguén ao que sabes que lle apetece tomar un bocadillo contigo. Quen di un bocadillo di calquera cousa que poidas permitirte e saibas que lle fai ilusión/ou necesita a outra persoa.
- f) Podes colaborar cunha asociación que teñas cerca e que necesita do teu voluntariado.
En resumen dedica esta semana a facer algo polos outros de forma consciente. Finalmente, pon atención en como che fai sentir o comportamento desenvolvido, atendendo principalmente ás emocións que che provoca. Que supón no teu benestar?
Sem comentários:
Enviar um comentário