O domingo, 8 de xuño, é o Día Mundial dos Océanos, e este é un bo momento para dar a coñecer un traballo que estivo realizando o alumnado de Cultura Científica, do 1º curso de Bacharelato: un completo vídeo de 21 minutos e medio sobre un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU: concretamente, o nº 14 (Vida Submarina).
A primeira parte do vídeo é unha explicación sobre as metas deste obxectivo, explicada a modo de "draw my life" (explicación dos contidos mentres unha persoa debuxa). Seguidamente, entrevistan a 4 docentes (Ana Orol, Miguel Rodríguez, Xan Barcia e Alfredo Llano). A duración das dúas últimas era excesiva, polo que subimos á parte as entrevistas completas de Xan Barcia (LIGAZÓN AO VÍDEO) e Alfredo Llano (LIGAZÓN AO VÍDEO). Seguen as entrevistas a 18 representantes do alumnado dos 4 cursos da ESO, con máis preguntas sobre a vida submariña. E a parte final inclúe as tomas falsas e os créditos.
Agardamos que este labor divulgativo dea os seus froitos.
Sem comentários:
Enviar um comentário