Participa no concurso de talentos cunha canción versionada en galego.
Estas son as bases:
1. Obxecto do concurso
O concurso de talentos ten como finalidade fomentar o uso da lingua galega a través da música, promovendo a creatividade e o respecto pola diversidade cultural e social do noso alumnado.
2. Participantes
Poden participar todos os estudantes matriculados no IES Perdouro.
3. Modalidade
O alumnado deberá versionar unha canción da súa elección traducíndoa ou adaptándoa ao galego, mantendo a melodía orixinal.
4. Requisitos das versións
• As letras versionadas deben ser respectuosas con todas as persoas e colectivos, evitando calquera tipo de linguaxe sexista, ofensiva, discriminatoria ou que incite á violencia ou ao odio.
• Non se permitirá o uso de contidos que atenten contra a dignidade das persoas ou que promovan estereotipos negativos.
• A música e a letra deben entregarse en formato escrito ao profesorado do departamento de lingua galega.
5. Entrega
• As letras e as partituras ou bases musicais deben entregarse ao profesorado do departamento de lingua galega antes do 16 de xuño.
• A entrega debe facerse preferentemente en formato dixital (PDF, Word, ou audio mp3) ou en soporte físico, se fose o caso.
6. Actuacións
• As interpretacións serán en directo o día do festival, o 20 de xuño, último día lectivo do curso.
7. Criterios de valoración
• Creatividade na adaptación ao galego.
• Calidade e coherencia da letra adaptada.
• Respeto e adecuación aos valores do concurso.
• Calidade da interpretación e presenza escénica.
8. Premios
O xurado entregará premios para os mellores traballos, fomentando o recoñecemento do esforzo e a participación.
9. Aceptación das bases
A participación implica a aceptación total destas bases e o compromiso de respectar as normas establecidas.
Sem comentários:
Enviar um comentário