O día 4 de febreiro 41 alumnos e
alumnas de 3º e 4º ESO viaxaron ata Samos e O Cebreiro para coñecer
máis de preto algúns aspectos do Camiño Francés, co seu profesor de Relixión, Antón Niñe e coa súa profesora de lingua galega, Miruca Parga.
Pola mañá visitaron a Capela do Ciprés e o Mosteiro de Samos. No percorrido polo interior do cenobio puideron ver os dous claustros, o grande, onde puideron contemplar a figura do P. Feijóo, e o pequeno (gótico) coa fonte das Nereidas; unha fachada románica e varias dependencias, antes de entrar na sancristía e na Igrexa. No interior do templo puideron admirar a beleza da igrexa, con importantes tallas de autores coñecidos, como Francisco de Moure.
Mentres, Miruca aproveitou para falar de Ramón Cabanillas quen pasou longas tempadas no mosteiro de Samos. Entre 1948 e 1951 escribiu un poemario que vería a luz uns anos despois, a finais da década dos cincuenta, Samos. Explicou a súa profesora o compromiso de Cabanillas coas Irmandades de Fala.
Ao longo da tarde visitaron o poboado do Cebreiro, con visita ao Albergue de peregrinos e ao Santuario. Neste lugar puideron escoitar as características do templo prerrománico e ver no seu interior a talla da Virxe románica (Santa María a Real), o Cáliz e a Patena do Santo Milagre, xunto ao Relicario doado polos Reis Católicos cando peregrinaron a Compostela, a tumba de D. Elías Valiña (gran impulsor do Camiño), etc.
A continuación percorreron a pé un tramo do Camiño co atractivo de contar coa neve caída dous días antes.

Sem comentários:
Enviar um comentário