A convidada da presente edición é a sociolingüista irlandesa
Bernadette O’Rourke
Bernadette O’Rourke, profesora do Departamento de Linguas e Estudos Interculturais da Heriot-Watt University de Edimburgo, estará entre os días 20 (mércores) e 22 (venres) do presente mes de febreiro en Burela para coñecer de xeito directo o Modelo de Planificación Lingüística aplicado na localidade. Aproveitando a súa visita, o Instituto Perdouro convidouna a participar nunha nova edición dos Obradoiros de Comunicación “Modelo Burela”, actividade que botou a andar en marzo de 2010 coa colaboración do profesor hindú Anik Nandi.
Desenvolvemento da actividade
Esta actividade de comunicación ten como obxectivo o fomento da fluidez comunicativa nos idiomas inglés e galego. Bernie O’ Rourke (con aprendizaxe inicial de inglés e neofalante en galego) e Héctor Canto (galegofalante inicial e neofalante de inglés) aproximarán aínda máis as culturas galega e irlandesa, xa relacionadas entre si desde tempo inmemorial.
As primeiras actividades destas xornadas celebraranse na tarde do
mércores. Ás 5 da tarde, a profesora O’ Rourke participará en
directo no programa radiofónico escolar Proxecto Neo, emitido por
Radio Burela todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde.
Seguidamente, comezará a realizar un traballo de campo consistente
en diversas entrevistas coas que pretende obter un diagnóstico do
panorama cultural de Burela.
Tanto nas xornadas do xoves como do venres, a profesora convidada
participará en actividades didácticas con alumnado de ESO e
Bacharelato (en horarios aínda en elaboración) e continuará cos
traballos da súa investigación.
A profesora convidada
Pouco despois do cambio entre séculos chegou á Coruña para traballar na Universidade como lectora de Lingua Inglesa. Do seu contacto coa realidade cultural galega, surxiu o tema da súa tese de doutoramento: a comparación da situación sociolingüística de galego e gaélico. Posteriormente iniciou outras investigacións en colaboración coa Universidade de Vigo e realizou o curso de Lingua e Cultura Galegas celebrado no CUVI en 2011.
Outras referencias:
http://hw.academia.edu/BernadetteORourke
A profesora convidada
Pouco despois do cambio entre séculos chegou á Coruña para traballar na Universidade como lectora de Lingua Inglesa. Do seu contacto coa realidade cultural galega, surxiu o tema da súa tese de doutoramento: a comparación da situación sociolingüística de galego e gaélico. Posteriormente iniciou outras investigacións en colaboración coa Universidade de Vigo e realizou o curso de Lingua e Cultura Galegas celebrado no CUVI en 2011.
Outras referencias:
http://hw.academia.edu/BernadetteORourke
Chámome Bernie
O'Rourke. Son irlandesa, mais levo varios anos vivindo en Edimburgo
(Escocia), onde traballo na universidade de Heriot-Watt. Desde o ano
1998, cando fixen un lectorado na universidade da Coruña, levo
moitos anos visitando Galicia.
Durante esa estancia comecei a interesarme
pola realidade sociolingüística de Galicia e, sobre todo, polo uso
do galego. En Irlanda tamén, como sabedes, temos outra lingua que é
o gaélico irlandés da que hai cada vez menos falantes tradicionais,
aínda que si vemos un aumento no número de neofalantes, isto é, a
xente que non ten a lingua como lingua materna ou familiar senón que
a aprendeu na escola.
O tema dos neofalantes é algo que me interesa
moito. Levo varios anos taballando sobre o mesmo, sobre todo con
colegas na universidade de Vigo. Actualmente estamos recollendo datos
sobre persoas con estas características e o ano pasado pasei varios
meses en Vigo entrevistando a neofalantes de diferentes idades que
viven nesa cidade. As súas historias son moi diversas pero moi
interesantes.
Durante o meu traballo de campo coñecín un rapaz
de Burela, Héctor Canto, un enxeñeiro de telecomunicacións que me
falou do Modelo Burela e das medidas inovadoras do proxecto para
promover o uso da lingua entre toda a cidadanía, especialmente entre
a xente chegada de fóra. Tamén coñecín outro investigador da
India, Anik Nandi, que agora está facendo o seu doutoramento comigo
en Edimburgo. Anik é un exemplo dun neofalante; aprendeu o
galego en Santiago e dende entón fálao con case todo o mundo.
O Modelo Burela demostra que a lingua galega é un
ben común para todos e que hai xente de fóra que a ve como unha
parte importante da súa identidade. Durante a miña visita á
localidade, na próxima semana espero coñecer un pouco mellor a
realidade sociolingüística deste lugar de referencia.
Sem comentários:
Enviar um comentário