20.4.15

Concerto da Gallaecia Big Band

Crónica de Tania Valiña Eijo, 2º ESO B

GALLAECIA BIG BAND, EN CONCERTO

O venres día 10 de abril baixamos á Casa da Cultura de Burela para asistir a un concerto didáctico ofrecido pola Gallaecia Big Band, unha banda de Jazz. O evento foi organizado para que os rapaces de ESO tivésemos uns mínimos coñecementos sobre a historia deste tipo de música.

O IES Perdouro non era o único instituto que acudiu ao concerto; este tamén estaba dirixido aos rapaces de institutos das zonas próximas á nosa localidade.

 Aínda que se tratase dun concerto sobre a “historia do Jazz”, non resultou aburrido. Cada vez que falaban sobre un novo estilo que aparecía da música, tocaban unha peza musical ilustrativa. Así nos fixeron ver que  o Jazz é unha mestura entre varios deses estilos.

Os intérpretes eran oito persoas: pianista, contrabaixista, baterista, trompetista e trompista, clarinetista (que tamén tocaba o saxofón) e dúas voces, unha muller e un home (que tamén tocaba a guitarra). Para o meu gusto, tocaban ben. Gustoume o timbre de voz da cantante e gustoume como se metía na canción e como transmitía diferentes sentimentos coa voz.

O pase durou unhas dúas horas, pero non se fixeron longas. Ao rematar, cantaron, tocaron e bailaron. Nós non íamos ser menos e tamén nos puxemos a bailar. Eu persoalmente paseino moi ben. Foi un día diferente; aprendemos cousas novas e reforzamos outras que xa sabíamos


Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...