18.4.15

Proxecto Mocidade Contra a Violencia de Xénero

O IES Perdouro participa no proxecto ‘Mocidade Contra a Violencia de Xénero’

A Xunta de Galicia participa dende o ano 2013 no Proxecto ‘Mocidade Contra a Violencia de Xénero’, financiado pola Unión Europea, e liderado pola cidade italiana de Turín, co obxectivo de apoiar a prevención da violencia de xénero entre a poboación máis nova.

Concretamente o proxecto propón traballar para contribuír á redución da violencia de xénero a través da mellora dos coñecementos e competencias dos grupos de mozos/as pertencentes a centros xuvenís, escolas de ensino medio -coma o IES Perdouro de Burela- e grupos xuvenís activos no seu territorio, sobre asuntos relacionados coa defensa dos dereitos humanos e o seu desenvolvemento.

Dende marzo 2015, a Secretaría xeral da Igualdade está a desenvolver a segunda parte do Proxecto Mocidade Contra la Violencia de Xénero, financiado por la Unión Europea, e liderado pola cidade italiana de Turín, no que a Xunta participa co obxectivo de apoiar a prevención da violencia de xénero entre a poboación máis nova. Neste segundo ano do proxecto estase a desenvolver a campaña ” Todos os días loitando contra a violencia de xénero”, que se difunde nos seis idiomas do proxecto: galego, castelán, italiano, romanés, portugués e inglés.

En concreto, o proxecto aborda a sensibilización da opinión pública sobre a necesidade de construír unha sociedade que respecte as diferenzas de xénero e de dar a todas as persoas a oportunidade de expresarse e representarse libre dos estereotipos home/muller.

Neste segundo ano do Proxecto participan oito mozas e mozos que recibiron unha formación específica e son eles que levan ás aulas de diversos centros educativos galegos o debate sobre a violencia machista, utilizando para elo o método da Peer Educación, Educación entre Iguais, cun enfoque participativo e utilizando metodoloxías activas.

Nas sesións que se desenvolven nos centros, o alumnado, axudado polos Peers, grava diversos vídeos que abordan a temática da violencia de xénero, vídeos que se subirán á páxina oficial fo Proxecto: http://www.jcvg.eu e poderán ser votados para converterse nos vídeos oficiais do proxecto, e ser difundidos en España, Italia,Romanía, Brasil, Cabo Verde e Mozambique, o 6 países socios no Proxecto.Tamén dentro do programa desenvólvense campañas de sensibilización da opinión pública, sobre a masculinidade positiva; a loita contra a violencia cara as mulleres e cara as persoas LGBT.

A campaña, planificada polos participantes desta iniciativa, que en Galicia son o alumnado e o profesorado de diversos centros educativos, difúndense a través das canles de comunicación institucional dos socios do Proxecto (no caso da Xunta de Galicia a través da páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade), así como a través das redes sociais, especialmente twiter e facebook, que conta cun perfil especifico para o Proxecto: https://www.facebook.com/projectJCVG.

O proxecto, asinado en Turín en decembro de 2013, está financiado pola Comisión Europea, ten unha duración de 36 meses e nel participan en calidade de socios trece entidades de España, Italia, Romanía, Cabo Verde, Mozambique e Brasil.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...