30.4.15

Celebración do día internacional contra a discriminación racial

Durante a semana do 28 ao 30 realizamos no IES Perdouro unhas charlas a cargo da consellería de servizos sociais, muller, igualdade e sanidade do concello de Burela. A ponente que fixo a actividade cos grupos de 4º da ESO foi a técnico do concello de Burela, Conchi Pernas Díaz.Previamente os alumnos da ESO, leran un libro relacionado co tema “unha habitación en babel”. O libro aborda o tema da inmigración ilegal, e é unha novela coral con moitas personaxes que se ven afectadas dalgún modo polo fenómeno social da inmigración. Existen actitudes positivas e negativas tanto por parte dos emigrantes como por parte da sociedade de acollida. Está ambientado en Sevilla e na localidade de Tarifa onde chegan os barcos cargados de inmigrantes de xeito ilegal. Un dos protagonistas fai o percorrido dende Guinea ata Europa.
Na charla que conduciu a técnico do concello, plantexou unha serie de cuestións. A diferencia entre interculturalidad e multiculturalidade.
Os motivos que leva a unha persona dun pais en desenvolvemento a decidir emigrar as sociedades occidentais.
Desmontou algúns tópicos relacionados coa situación da emigración, a maior porcentaxe de inmigrantes accede ao noso pais dun xeito legal. Os países de orixe, soen perder as personas mais aptas dentro do seu capital humano no proceso de emigración. Viaxan ata os paises desenvolvidos para formarse, tentar mellorar e promocionar nas oportunidades de emprego  e para manter a unidade familiar que teñen na súa nación.
Comentou tamén algúns fundamentos legais que contradicen as crenzas sen fundamento do efecto chamada. A xente confunde realmente o que é unha reagrupación familiar co efecto chamada. Un traballador legal ten dereitos recoñecidos pola lexilación de reunirse coa súa familia no pais de acollida.
Foi interesante tamén as claves da explicación do fenomeno migratorio na mariña dende o proceso de industrialización na década dos 70, como os nativos da mariña accederon a traballos na industria, abandonando o mar, e eses traballos foron logo ocupados polos inmigrantes, principalmente caboverdianos. Actualmente hai inmigrantes doutras nacionalidades coma os indonesios que van cubrindo postos de traballo nunhas condicións diferentes. Por exemplo teñen uns contratos laborais temporais, moito mais estrtictos cos anteriores, e non se contempla no convenio cos seus paises a posibilidade da reagrupación familiar ou o establecemento definitivo.
Recollimos recortes de prensa con noticias de actualidade relacionadas coa inmigración. Unha falaba dos conflitos que xurden nalgúns sectores como consecuencia da crise, e a hostilidade aos inmigrantes que son percibidos como unha ameaza para os postos de traballo locais.
No tocante o proceso de socialización, explicou as teorías clásicas do proceso de aculturación. A de Berry que di que os dous polos que explican o proceso de aculturación son: por un lado a conservación da tradición cultural propia e no outro a adopción da cultura de acollida. Sendo patente nada mais o proceso de influencia da sociedade de acollida no inmigrante e non ao revés.
A de Gordon que trata esas variables como dimensións separadas non pertencentes a un mismo continuo, dando lugar a varias posibilidades: conservación da propia cultura e adquisición dos valores da de acollida (integración). Renuncia a propia cultura e incorporación dos da acollida (asimilación). Renuncia os valores da sociedade de acollida e conservación dos seus propios (segregación ou separación). E o caso mais extremo que supón a perda da identidade cultural propia e a non incorporación dos valores da sociedade de acollida (alienación).
Acabamos a xornada facendo unha reflexión de cómo se pode sentir unha persona que acaba de chegar a un pais diferente ao seu. Cales serían os medios que ten para poder facer a súa socialización e integración na sociedade. Non é importante so o traballo e os estudos senón que é importantísimo as canles de integración. Aquí en Burela unha das principais é a práctica dun deporte, ou a música.
Invitounos tamén a unha visita ao concello, onde se podía explicar moito mellor a situación das axudas sociais, posto que a meirande parte da poboación percibe que son so os inmigrantes os que se benefician de axudas sociais, cando non é exactamente así. Ela percibe que dende a situación de crisis económica que arrastramos, a xente volveuse mais hostil e crítica respecto ao fenómeno da inmigración.
Por último Conchi, a representante do concello, invitounos a facer propostas para o programa de atención ao inmigrante do concello. Tamén suxeriulles aos alumnos, formular propostas, de como poderían intervir eles en iniciativas para facilitarlle o proceso de adaptación aos alumnos recién chegados ao noso sistema educativo.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...