Recibimos hoxe da man do secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García Gómez a acreditación do Premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2014. No acto conducido por Neves Cando, o secretario estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería en Lugo, José Jesús Ramos Ledo, polo rexedor municipal, José González Barcia, e polo noso director, Santiago Pérez Docobo. Tamén asistiron ao acto Xulia Márques Valea, a coordinadora técnica central dos equipos de Dinamización da Lingua Galega, a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, Elvira M.ª Casal García, o noso inspector, Jesús Pablo González Moreiras, e o coordinador provincial dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de Lugo, Xosé Luis Ansemil Moreira.
Logo dos agradecementos institucionais, houbo un acto poético que recolleu poemas da figura homenaxeada nas Letras 2014, Xosé María Díaz Castro. Na representación combináronse proxeccións de videopoemas realizados polos alumnos 1º Bach de TIC e uns recitados multilingües. Para celebrar a faceta de políglota de Díaz Castro, e como indicador do noso Modelo Burela, recitouse o poema "Penélope" en crioulo (Diana Gonçalves e Claudia Gomes, alumnas de 4º PDC ), en ruso (Daria Bakteeva, alumna de 4º ESO) , en inglés (Nícola Berminghan, investigadora irlandesa e Antonio Galdo, profesor de inglés), en francés (Karina Parga, Vicedirectora, e Loli Prieto, profesora de inglés) e en alemán (Amalia Rivas, profesora de Ciclo Formativo). Todo un exemplo de convivencia, de enriquecemento e de interculturalidade!
Van os nosos parabéns a : Alexandra, Andrea, Cintia, María, Sara, Damíán, Gabriel, Iván, José Carlos, Rodrigo, e Miruca Parga!!!!!!
Ligazón os carteis premiados.
Ver nota de prensa do gabinete de Política Lingüística
Sem comentários:
Enviar um comentário