O CD Burela FS Pescados Rubén despediu o seu programa de promoción da práctica deportiva en igualdade, "Descubre o Fútbol Sala", onte no IES Perdouro de Burela, xunto ao alumnado de 2º da ESO. Os rapaces/as compartiron dúas divertidas sesións cos porteiros Jozi, Edu e Erik, así como con Peque, recoñecida como Mellor Xogadora na recentísima Copa de España Navalcarnero 2015, e Iago Míguez, ademais dos técnicos Juanma Marrube, Alfonso Mera e Christian Fustes.
Dende comezos de maio, máis dunha decena de centros de ensino da Mariña, e preto de 600 estudantes, tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto o fútbol sala e as experiencias e anécdotas do CD Burela FS xunto a xogadores, xogadoras e adestradores dos equipos sénior, de Primeira División, así como do profesorado da escola laranxa.

Sem comentários:
Enviar um comentário