Alumnos de 1º e 2º de ESO participaron este martes, día 2 de xuño, nunha actividade que conxuga dieta e exercicio físico que Mª José, a súa profesora de Educación Física, propuxo levar a cabo.
"Mediterraneamos, aprendemos a comer, aprendemos a cociñar" é unha acción impulsada polo Ministerio de
Agricultura, Alimentación e Medioambiente que pretende fomentar a
dieta mediterránea e a importancia dunha boa nutrición para o
correcto desenvolvemento das nosas actividades diarias.
Nicolas Piedrafita e Nuria Callejo, monitores especializados en nutrición e dietética, expuxeron a parte teórica e falaron dos beneficios dunha alimentación variada e equilibrada. Logo da explicación, os rapaces puxeron en práctica o aprendido e elaboraron receitas con
ingredientes pertencentes á dieta mediterránea (pan, aceite, olivas, froitos secos, hortalizas, froitas e xamón). Remataron a actividade cunha sesión de zumba, coa que introducir a
importancia da actividade física como hábito saudable.
Sem comentários:
Enviar um comentário