Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
A partir de mañá, iremos programando pequenas exhibicións e obradoiros manipulativos durante os recreos na biblioteca.
Comezaremos pola seguinte actividade: "O ollo máxico".
Comprobaremos que o que miras non é o que ves. Aprenderemos a descifrar a imaxe coa técnica do ollo máxico.
O alumnado de 1º de Bac de Tecnoloxía explicaranos como funciona un coche con motor de hidróxeno e mostrarán como se despraza o coche prototipo que fixeron.
Se queres poñer a proba as túas habilidades en xeometría, o alumnado de 2º de ESO fixo, co seu profesor de tecnoloxía, uns prototipos de taboleiro de Tangram en cartón cos que xogar no biblioteca o vindeiro xoves.
Xa para a semana, a nosa compañeira Montse, profesora de matemáticas, proporá uns xogos matemáticos de enxeño para exercitar o pensamento lóxico e a paciencia.
O departamento de Física levará á biblioteca as figuras de moléculas complexas como as redes metálicas e redes cristalinas iónicas e ensinará como xuntar os átomos para facer moléculas sinxelas.
Para terminar, o alumnado de 1º de ESO exhibirá as súas construcións con ramplas de bólas con efectos encadeados.
Se che pode a curiosidade, pásate pola biblioteca nos recreos.
Sem comentários:
Enviar um comentário