Pensa
nun día da túa vida onde todo vai ben (aprobas un exame, ves un
episodio da serie que che gusta, comiches a túa comida preferida, etc…)
e nun determinado momento tes unha discusión cun amig@. É probable que
se che preguntan, ou te preguntas a ti mesm@, “que tal o día? “ dirías “mal, porque hoxe discutín cunha amig@“ e non lembrarías os bos momentos vividos.
Para
que iso non ocorra, e poidas empezar poñer o foco no positivo, e xerar
emocións positivas que substitúan as negativas propóñoche traballalo de
dúas formas:
1. Colle un
caderno que che guste (converterase no teu “diario emocional”) e ao
rematar o día, anota nela (recollendo a data) tres momentos bos do teu
día e trata de identificar o que sentiches nese momento.
Por exemplo:
O momento do xantar—> calma, tranquilidade
Unha boa charla cunha amiga—> alegría, empatía
Superar o exame que tiña hoxe—> alegría, orgullo
2. Colle un bote de cristal e cada día deposita nel un papel onde apareza a data e tres momentos bos que tivo o teu día.
Calquera destas dúas ferramentas axudáranche de dúas formas:
1. A tomar conciencia cada día dos momentos bos e así cambiar o foco do negativo ao positivo
2.
Se tes un día malo, podes coller a teu caderno, ou abrir o teu bote de
cristal, e ler todo o rexistrado por ti; cando o fagas, verás como o
teu estado de ánimo varía.
Con estas ferramentas estás traballando a túa conciencia emocional e a capacidade de autoxerarte emocións positivas.
Sem comentários:
Enviar um comentário