Hoxe imos traballar a primeira das competencias emocionais, a conciencia emocional, e dentro dela, o vocabulario emocional.
Colle un bolígrafo, unha folla de papel e un cronómetro (podes usar o do teu móbil).
Marca
tres minutos no teu cronómetro e durante ese tempo escribe no papel o
nome de todas as emocións que coñeces. Pasados os tres minutos, fai o
seguinte:
a) conta o número total de emocións escritas
b) conta cantas son positivas (fanme sentir ben) e cantas son negativas (fanme sentir mal)
Unha vez feito isto responde ás seguintes preguntas:
Escribiches moitas emocións ou poucas?
Escribiches máis positivas ou negativas? Por que pensas que foi así?
Canto vocabulario emocional usas no teu día a día?
Lembra
que saber poñer nome exacto ao que sentes axudarache a xestionar de
forma máis adecuada as túas emocións, cantos máis nomes de emocións
coñezas e uses, máis conciencia emocional terás.
Sem comentários:
Enviar um comentário