20.12.14
18.12.14
Un mar de Cultura - 2º ESO - Viaxe a Cariño
FUMOS A CARIÑO!!!!
No día de onte, 17 de Decembro, os alumnos de 2º de ESO visitaron a vila de Cariño para realizar unha actividade realmente interesante relacionada cá cultura do mar, algo que nos é moi coñecido pero quizais non tanto como cremos!!!
Tiveron ocasión de visitar a conserveira, La Pureza, onde se lles explicou e puideron ver paso a paso todo o proceso de elaboración do peixe ata que sae da fábrica. Os escolares coñeceron a tradición da industria conserveira do noso territorio a través desta empresa con 90 anos de historia.
Despois visitaron a antiga cetárea A Balandra que foi fundada en 1931 e que levaba uns 30 anos pechada ata que se volveu a abrir fai un ano aproximadamente. Alí puideron coñecer de cerca o cultivo das especies galegas de mariscos máis características e tocar distintas especies de crustáceos (centolo, boi, nécora, lubrigante...) ademáis de seguir con interese os detalles do traballo que se realiza.
Por último visitaron ás redeiras de Cariño que explicaron con moito detalle en que consiste o seu traballo, facendo unha demostración práctica de cada cousa e instruíndo cá terminoloxía específica.
17.12.14
Matemáticas al Sprint - Antón Mazaira campión nacional
Parabéns Antón!!
Antón Mazaira, alumno de 2º de ESO, xunto con 4 compañeiros, foron os máis rápidos de toda España no certame matemático de resolución de problema, "Matemáticas al Sprint". A proba celebrouse este fin de semana na USC. Celebramos contigo este premio Antón!!!!! Sigue así!!!
16.12.14
Charla sobre educación sexual co Dr. Cristóbal R. Garfia
Cristóbal Rodríguez Garfia, médico xinecólogo, imparte unha charla
sobre saúde sexual ao alumnado de 3º ESO e Formación Profesional Básica do IES Perdouro
O alumnado de 3º ESO e FP Básica recibiu información en materia de
educación afectivo-sexual da man de Cristóbal R. Garfia, recoñecido
especialista, que sempre se ofrece a contribuír a sensibilizar aos
adolescentes e informalos sobre a utilización dos métodos
anticonceptivos. O xinecólogo incidiu nas boas prácticas
sexuais e no repaso ás problemáticas que poden xurdir por mor do
descoñecemento. A Vicedirectora, Karina Parga, manifesta o particular
interese do centro na prevención e recalca a importancia de informar
convenientemente ao alumnado para previr enfermedades de trasmisión
sexual asi como embarazos non desexados.
Charla sobre desigualdade e violencia de xénero - 2º ESO
Ana Belén Pacio Rodríguez, Xefa da Unidade conta a violencia
sobre a muller, impartiu hoxe na biblioteca do centro unha conferencia
destinada ao alumnado de 2º de ESO e Formación Profesional Básica para informalos sobre desigualdade e violencia de xénero.
Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo sensibilizar o noso alumnado contra a violencia de xénero e estereotipos sexistas para destacar a importancia da educación en valores e coñecer os modos de previlos e denuncialos.
Loitemos entre todos para erradicar a violencia de xénero.
Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo sensibilizar o noso alumnado contra a violencia de xénero e estereotipos sexistas para destacar a importancia da educación en valores e coñecer os modos de previlos e denuncialos.
Loitemos entre todos para erradicar a violencia de xénero.
1.12.14
Premio no Concurso de cartel Día da Sida
Raisa Rivera Chonate, alumna de 1º de ESO, acadou o premio premio da
categoría 12-15 anos no Concurso de Cartel convocado pola unidade
asistencial de drogodependencias de Burela.
O luns 1 de decembro o edil, José González Barcia, e a concelleira de
Sanidade, Diana Durán entregaron os galardóns os premiados.
Subscrever:
Mensagens (Atom)
