28.2.21

Proxecto Relevo 2020

O pasado venres día 26 de febreiro os alumnos e alumnas de 1º CM de Xestión Administrativa e 1º CS de Admistración e Finanzas tiveron a oportunidade de coñecer o proxecto Relevo 2020 a través dunha charla informativa levada a cabo no noso centro. 
 

Este proxecto é unha iniciativa de carácter formativo promovida polos cinco grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e que busca o relevo xeracional no sector pesqueiro mediante a capacitación de mozos e mozas, a través da formación e mellor coñecemento dos recursos dos territorios.
A exposición comezou por explicar a labor que fan os GALP e as posibilidades que ofrecen estas entidades locais para aqueles que buscan emprender ou consolidar un proxecto relacionado co mundo do mar. De seguido, afondouse no proxecto Relevo 2020 e, da man de Arenaria Coordinación, os participantes descubriron todas as posibilidades de formación e emprego que ofrece este sector.
Os alumnos e alumnas valoraron moi positivamente esta xornada xa que lles axudou a coñecer a riqueza do noso territorio e as múltiples saídas profesionais que ofrece o mar, un recurso que forma parte da identidade da nosa comarca e que está tan presente no concello de Burela. 
 
Beatriz Rey Pita, profesora

26.2.21

Diario dos 21 días co galego e + do módulo de Comunicación e atención ao cliente (3)

Para comezar o día de hoxe estivemos vendo un vídeo dun programa de La Sexta na que os presentadores poñían a proba a persoas mozas de cidade e a persoas maiores de vilas ou aldeas. A proba consistía en traducir frases do castelán ao galego. Os mozos víase claramente que non sabían traducilo mentres que as persoas maiores do medio rural traducírono sen problema.
Despois de ver o anterior vídeo proxectamos outro no que se animaba a falar o galego e a que explorásemos/coñecésemos máis a nosa cultura e os costumes que temos na nosa preciosa terra.
A seguir, estivemos facendo un exercicio relacionado con diferentes tipos de slogans. Cada un de nós tivo que presentar un slogan relacionado coas festas de Galicia. Despois de aportar todas as nosas ideas, realizamos unha votación para elixir o que máis nos gustaba. O slogan elixido foi o seguinte: “Que a nosa lingua baile en galego”.
O seguinte que fixemos foi que cada un de nós presentaramos/promocionaramos unha festa típica de Galicia como se tivese que saír na radio.
Para concluír, quería dar a miña opinión persoal sobre a clase de hoxe. A verdade é que este tipo de clases parécenme moi entretidas e interactivas xa que todos os compañeiros/compañeiras participamos e damos a nosa opinión. Estes días estanme axudando a aprender un pouquiño máis sobre a nosa lingua e creo que é algo moi positivo para todos os que estamos participando neste proxecto.

Alberto Blanco Cora - 1º CSAF
Módulo de Comunicación e atención á clientela (8:30-10:10)

24.2.21

Día 3 : Presentación do centro dentro dos 21 días co galego e máis

Velaquí o vídeo que fixemos para representar o centro e a súa interculturalidade no proxecto dos 21 días co galego e máis:

"O segredo está na alimentación e no corazón"

A continuación podedes escoitar a nosa entrevista na Radio Galega no programa de Kiko Novoa, Galicia por diante:

#21DíasCoGalegoeMáis no IES Perdouro: "Pasar ao galego desde o portugués é moi sinxelo"


Diario dos 21 días co galego e + do módulo de Comunicación e atención ao cliente (2)

Diario dos 21 días co galego e +

Actividade realizada no módulo de Comunicación e atención ao cliente

Para comezar, quería expoñer o realizado na clase de hoxe. Os meus 10 compañeiros/as e eu eliximos cada un, un anuncio en galego, en honor á campaña dos “21 días co galego e máis”, feita para animar á xente a que se integren un pouquiño máis no galego e aprender cousas novas da nosa fermosa lingua.

Proxectamos os 11 anuncios e cada un de nós expuxo o seu pensar, o seu parecer, a súa opinión sobre os mesmos. Algúns máis curtos, outros máis longos e tratando diferentes temas, pero todos tiñan unha esencia: eran en galego, na nosa lingua, e feitos aquí, en Galiza.

Na miña opinión, os anuncios presentados na clase, parecéronme moi fermosos. Moitos deles teñen un tema en común, que é dar a coñecer os recunchos de Galiza menos coñecidos. Tamén moitos mostran o noso medio rural, os nosos costumes...

Un dos mellores promotores destes anuncios tan fermosos é Gadis, unha empresa de supermercados que cada ano fai un anuncio espectacular.

Para finalizar, quería dar a miña opinión sobre a clase de hoxe: pareceume unha clase moi dinámica e entretida, na que coma sempre, todos falamos e expuxemos as nosas opinións. Gústame este tipo de clases, xa que todos participamos.

Ángel Ron Valle – 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas



Celebramos o día de Rosalía

Celebramos o día de Rosalía de Castro cun recital poético recollido na nosa canle de YouTube: 

Podes visualizalos aquí

 

 

 

 

RECITADOS

1º ESO A "Unha vez tiven un cravo"


1º ESO B "Por que, miña almiña"


1º ESO C "A un batido, outro batido"


LECTURAS 2º E 3º ESO : "De balde" & "Quíxente tanto, meniña"


4º ESO


LECTURAS DE 4º ESO E BACHARELATO 

RECITADOS 1º BACHARELATO 

"Tal como as nubes"

"Non coidarei xa os rosales"

"Eu direivos"


23.2.21

Día 2 - Repartimos camisetas dos 21 días co galego e máis

Hoxe fixo un día soleado ideal para facer unhas boas fotos. Os profesores de Lingua Galega están recollendo as primeiras reflexións.

Accede ao blog dos 21 días co galego e máis AQUÍ: Día 2 IES Lama de Abade, Santiago



22.2.21

21 días co galego e + no módulo de Comunicación e Atención ao Cliente

Comezo dos 21 días co galego e + no módulo de Comunicación e Atención ao Cliente do Ciclo Superior de Administración e finanzas 1.

No primeiro día de 21 días en galego estivemos a traballar nun primeiro momento con diferentes ferramentas en galego, tendo un primeiro contacto e interactuando con elas, tales como:

- Niveis de Celga e a súa validación en www.lingua.gal
- O nivel de Celga que esixe a Xunta para calquera oposición e os determinados postos cos respectivos niveis de Celga.
- Gaio: traductor galego
- Autoaprendizaxe de linguaxes específicas como, por exemplo, a linguaxe administrativa en galego.

Estivemos a traballar nunha entrevista feita a un publicista galego e puidemos ver as súas impresións acerca da publicidade e da opción de crear unha marca-país de Galicia co fin de darnos a coñecer.

Tamén tivemos a oportunidade de ver un vídeo acerca das vogais galegas e a orixe de distintas palabras.

Fátima Palmeiro Rodríguez, 1º CS Administración e finanzas

Día 1 - 21 días co galego e + "Acto inaugural"

Hoxe 22 de febreiro de 2021 iniciamos os 21 días co galego e + e repartimos camisetas (ver aquí)

Este é un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten co galego e co resto das linguas que coñece.

Ao longo de 21 días, no blog dos 21 días atoparemos propostas diversas para achegarnos ao galego e á súa cultura.

Somos máis de trinta profesores e profesoras do Perdouro de secundaria e ciclos formativos participando neste programa, un total de 280 alumnos e alumnas aproximadamente e contamos tamén co persoal non docente.

Esta mañá, asistimos ao acto inaugural dende a aula de 3º ESO A emitido por videoconferencia. Aínda que a conexión por momento non foi óptima, puidemos escoitar as palabras de ánimo de Valentín García (Secretario Xeral de Política Lingca.) e de Víctor Freixanes (Presidente da Real Academia Galega). Pilar Ponte (Coordinadora dos 21 Días co galego) retounos a facer a seguinte reflexión:

REFLEXIÓN 1

Hoxe vas ter que realizar a túa primeira gravación de reflexión.

Lembra que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise. Non necesitamos que nos contes o marabilloso que é o galego; ben o sabemos!

  •     Que usos fas ti habitualmente do galego?
  •     Que che parece a proposta dos 21 Días co Galego e +?
  •     Pensas que che será moi doado ou moi difícil para ti?
  •     Se non falas galego de forma cotiá. Veste capaz de chegar a falar 24 horas en galego desde o primeiro día?
  •     Cres que o lograrás antes do último día?
  •     Que reaccións percibiches entre o resto da túa clase ou na casa?
  •     Que pasos deches xa hoxe para seguires a proposta?
  •     Pensas ampliar progresivamente os usos ou tentas xa falar galego sempre?
  •     En que ámbitos (escola, amizade, familia, lecer…) ou con que tipo de persoas cres/sabes que che custará máis?
  •     Agora establece 3 retos concretos para o teu avance como galegofalante. Lembra que se ti xa es galegofalante os teus retos serán de que 3 maneiras lle vas axudar ao resto das túas compañeiras e compañeiros.

21.2.21

Atención: Imos comezar os 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS!

O luns, 22 de febreiro, comezamos os 21 DÍAS CO GALEGO E+.

O acto de inauguración terá lugar ás 10h30 e asistirán Valentín García (Secretario Xeral de Política Lingca.), Víctor Freixanes (Presidente da Real Academia Galega), Pilar Ponte (Coordinadora dos 21 Días co galego) e todos os centros participantes.

A aula de 3º ESO A conectarase en directo en representación do IES Perdouro e acompañaránnos representantes do equipo directivo e do EDLG.

20.2.21

Concerto de Silvia Rozas Ramallal e Çigdem Tunçelli

O 29 de xaneiro, a ex-alumna do IES Perdouro, Silvia Rozas Ramallal, ofreceunos aos alumnos de 3º ESO un concerto virtual xunto coa súa compañeira Çigdem Tunçelli.
Desde Berlín - Alemaña, Silvia tocounos algunhas obras (entre elas de Bach, Debussy e Bartók) coa frauta e a súa compañeira, co violín. Deixáronnos sorprendidísimos coas súas dotes musicais! Ademais, entre peza e peza, explicáronnos curiosidades sobre a música barroca, os autores, os instrumentos…
Por último, ao finalizar o concerto, puidemos facerlles algunhas preguntas sobre a súa carreira e a súa vida, en Francés para Çigdem por ter nacido en Suiza. Estamos moi agradecidos por esta nova experiencia, foi increíble! Grazas a Silvia e a Çigdem por este marabilloso evento.

Laura González Freire, 3º ESO C

18.2.21

Programa finanzas para mortais

O alumnado de 2º ano do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participou no Programa finanzas para mortais. Trátase dun proxecto de educación financeira da Fundación UCEIF, Fundación da Universidade de Cantabría para o Estudo e a Investigación do Sector Financeiro, que se desenvolve a través de Santander Fináncial Institute (SANFI). O seu obxectivo é de acercar o mundo da economía e as finanzas básicas aos rapaces.
Nesta primeira parte programouse unha videoconferencia con unha directora de oficina bancaria do Banco Santander.
Na segunda parte o noso alumnado exercerá de voluntarios e acompañados do persoal do Banco impartirá charlas a alumnos de ESO de outros centros educativos.

Carmen Pena, Xefa do departamento de Administración

16.2.21

Charla Día da muller e da nena na ciencia

O xoves día 11 de febreiro o alumnado de 4º ESO recibiu unha pequena charla virtual sobre o Día das Mulleres e Nenas Galegas na Ciencia. Con esta actividade preténdese facer unha reflexión na poboación para evitar os estereotipos aínda existentes que crean nas nenas unha sensación de inseguridade á hora de poder realizar o traballo que realmente lles gusta por medo ao rexeitamento. 

Comezaron falándonos varias mulleres sobre os traballos que están a realizar e o porqué da súa decisión. Ana Ferrer, unha muller que ao principio quería ser veterinaria, pero acabou pasándose á enxeñaría grazas á súa afección pola científica francesa Marie Curie; Lucía Sánchez, traballadora dunha enxeñaría de minas; Laura Moreno, que traballa na unidade de investigación “Camero” (onde estudan como funcionan os tumores) grazas ás súas referentes Lynn Margulis, importante bióloga no campo da evolución biolóxica e das células eucariotas, e a bioquímica Margarita Salas; Eva Domínguez, científica traballadora na enxeñaría de cabinas, que mostra que a ciencia é a solución dos problemas; e outras científicas como Jessica Sieira, Elena Rodríguez ou Rosa Arias, que traballaron nos campos de enxeñarías informáticas, de materiais e químicas. 

Ademais destas presentacións, tamén lles realizaron a estas mulleres algunhas preguntas como: “poderiades vivir sen teléfono móbil?” ou “que superpoder che gustaría ter?” Á primeira, algunhas responderon que si, pero a maioría dixo que non, xa que neste dispositivo teñen a súa vida privada e tamén laboral; mais, á segunda responderon moi libremente: ter supervelocidade, ser unha heroína coma Wonder Woman, ou ter o poder do teletransporte. 

Finalmente, tamén nos plantexaron algúns experimentos, como o de meter un ovo nun matraz. Isto pode conseguirse introducindo un anaco de algodón queimado dentro do recipiente e, cando vas meter o ovo, o matraz deixará que pase polo aumento da presión interior. Ademais, ensináronnos como mesturar a electrónica con substancias de refugallo para facer un robot. 

En resumo, esta charla serviunos de exemplo para poder facer o traballo que realmente nos guste, sexamos mulleres ou homes. Como ben dixeron todas e cada unha das mulleres que falaron ao principio, debemos loitar pola igualdade á hora de escoller traballo e para que todas as persoas poidan conseguir o seu obxectivo.

María Lestao Fernández, 4º ESO B

12.2.21

Entroido 2021

Benvidxs ao noso desfile virtual do Entroido 2021 do IES Perdouro.

O xurado fallo os seguintes premios:



  • 1º ESO : Grupo-Alumnxs "Hinchas do fútbol americano"
  • 2º ESO C: Grupo-clase "O funeral"
  • 3º ESO C: Grupo-clase "As materias escolares"
  • 4º ESO B: Grupo-clase "Aeróbic dos anos 80"
  • 1º Bach A: Grupo-clase "O bautizo da nena"

 Accede ao álbum de fotos AQUI

Parabéns a todxs por participar e facer deste día un día alegre de festa a pesar das adversidades.

10.2.21

Charla Especial Día internacional da muller e da nena na ciencia.

Polas nosas futuras científicas 

Videoconferencia co galo do día internacional da muller e da nena na ciencia.
O obxectivo principal deste evento é brindar ás estudantes modelos de diferentes opcións de profesións científicas, e axudalas a ser conscientes do seu gran potencial, a superar os estereotipos e inspiralas.

Así, a ONU destaca que o notable desequilibrio de xénero nos campos de STEAM impide que as mentes de homes e mulleres traballen xuntas para achegar perspectivas diferentes e diversas á innovación necesaria para enfrontar os desafíos actuais da nosa sociedade.

9.2.21

Sección I+D do dpto de Electrónica: Dispensador de xel hidroalcohólico

Este é un prototipo de dispensador de xel que permite a dosificación sen contacto co dispensador.

O funcionamento é sinxelo: cando acercamos a man ao dispositivo, o sensor de ultrasóns detecta a nosa man e o microcontrolador manda as instrucións ao servomotor para que faga un xiro, o brazo de saída do servo entón, tira dun cable de forma que se presiona o dosificador e despois retorna á posición de repouso.

Un traballo realizado polo alumnado do Ciclo Medio de Instalacións en Telecomunicacións.




Este é o html para insertar o código do programa:

/*Programa de control do dispensador de xel hidroalcohólico
para a Aula 216-1ºCM Instalacións de Telecomunicacións IES Perdouro*/

int servo = 9;     // Acoplar o servo no pin 9   
int trigPin = 10;  //conecioṕns do sensor de ulltrasóns
int echoPin = 11;  
long duracion;
int distancia;

#include <Servo.h>

Servo myservo;    

int pos = 0;    // Variable para almacenar a posición do servo

void setup() {
  pinMode(trigPin, OUTPUT);    
  pinMode(echoPin, INPUT);    
  myservo.attach(servo);     
  myservo.write(0);         // iniciar o servo a 0 grados 
  Serial.begin(9600);    
}

void loop() {
 //sensor de distancia
    digitalWrite(trigPin, LOW);
    delayMicroseconds(2);
    
    // Establece a 'trigPin' en alto (HIGH) durante 10 microsegundos
    digitalWrite(trigPin, HIGH);
    delayMicroseconds(10);
    digitalWrite(trigPin, LOW);
    
    // Lectura do 'echoPin'
    duracion = pulseIn(echoPin, HIGH);
    
    // Calculando a distancia
      distancia= duracion*0.034/2;
    
    // Imprime a distancia no monitor serie
    Serial.print("Distancia ");
    Serial.println(distancia);  //se queremos ver  a distancia no porto serie
    
    //Servo    
    if(distancia<10)//Revisar que a distancia sexa menor que 10cm en caso afirmativo executar seguinte acción
    { 
       myservo.write(45); // Establecer 0 Servo en etapas de 0 a 180 grados para deixar de presionar o émbolo
       delay(100);
       myservo.write(90);
       delay(100);
        myservo.write(135);
       delay(100);
       myservo.write(120); //axustar o recorrido do dispensador
       delay(1000);
       myservo.write(00); // Reiniciar o servo
       delay(1500);   //esperar 1,5s entre cada lectura
    }                 
}

Exposición 11 de febreiro: Día da muller e da nena na ciencia

A falta de referentes femininos fai que moitas nenas consideren que as carreiras científicas son "cousa de homes". Para salientar a contribución das mulleres á Ciencia e denunciar a súa ausencia nos libros de texto e nos medios de comunicación, o alumnado de 4 da ESO de Bioloxía fixo uns pequenos traballos de investigación sobre 9 científicas internacionais, destacadas polos seus descubrimentos en campos como a Xenética, a Medicina ou a Astronomía.

A exposición dos carteis está no primeiro andar do edificio principal. Tamén tédelos aquí a continuación: 

Vídeo: 

Obradoiro de linguaxe de signos

Unha actividade esencial e informativa:  Charla da Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia

O pasado 29 de xaneiro de 2021 tivemos a gran oportunidade de ter no noso instituto a Xavier Sánchez Álvarez xunto con María Isabel Pardo Sampayo. Esta charla educativa trataba sobre as dificultades que sofre unha persoa xorda na actualidade.
A primeira parte da charla foi teórica, nela Xavier Sánchez Álvarez explicounos  os tipos de discapacidades auditivas que existen, a linguaxe de signos e as dificultades educativas e sociais que sofren estas persoas. Nesta parte o conferenciante tratou de concienciar ao alumnado e profesorado sobre estas dificultades. A intención foi empatizar e intentar comprender estas dificultades.  Cambiando tanto o modelo educativo como o sanitario poderíase axudar a estas persoas que sofren unha discapacidade para que o seu día a día fose máis fácil.
Na segunda parte da charla interveu María Isabel Pardo Sampayo. Explicounos as dificultades que tivo ao longo da súa vida por sufrir xordeira, tanto no instituto como na súa vida cotiá. Tras esta breve presentación, Isabel ensinou de forma práctica a todos os presentes a comunicar coa linguaxe de signos, algo moi útil  para poder atender no futuro a unha persoa xorda.
Na miña opinión esta charla foi moi agradable xa que nela fomos capaces de ver de cerca as dificultades que sofre moita xente con esta discapacidade ou con outras. Por este motivo penso que a clave está no feito  de empatizar con todas esas persoas e que cada un de nós aporte o seu gran de area para facilitarlles a vida aos que nos rodean.

Accede AQUÍ á reportaxe fotográfica.

Yahya Aazzaoui, 1º CS Administración e Finanzas

8.2.21

Visita virtual á Casa das Ciencias - A Coruña : Exposición «Puro Swing»

O pasado venres 5 de febreiro, na clase de Física e Química, os alumnos/as de 1° de Bacharelato A asistimos a unha visita virtual á Casa das Ciencias (A Coruña). 

Exposición «Puro Swing»: unha visita para asistir ás máis sorprendentes demostracións sobre o movemento dos péndulos, comprender o segredo do botafumeiro, mirar como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.

Nela, Maite e Lola fixeron de guías e explicáronnos diversos datos interesantes sobre o movemento do péndulo.
Ó principio desta visita, que foi diferente pero entretida, medimos entre todo o alumnado o período do péndulo cun cronómetro para despois comparar as nosas medidas coas de Lola. Fixéronnos, ademais, demostracións variadas nas que podiamos observar cómo variaba segundo os factores modificados, entre eles, o unir dous péndulos (feito que tamén demostraron unindo dúas randeeiras) e a diferenza no seu movemento notable debida á lonxitude do fío. Xa rematando, vimos un efecto óptico no que os diferentes periodos dos péndulos semellaban serpes e quedamos impresionados.
Sen dúbida, as nosas guías estiveron marabillosas á hora de explicarnos e penso que valeu a pena pois foi unha experiencia amena na que aprendemos algo novo e diferente. Encantoume!

Accede AQUI á reportaxe fotográfica que fixo o noso compañeiro Anxo Díaz.

Paula Enríquez Barcia, 1º de Bach.


Semana dos afectos igualitarios

Os emisarios de Cupido pasaron polas aulas para avisar que o seu servizo de mensaxería xa está operativo. 

Adícalle á persoa que aprecias uns dos teus mellores versos. Deixa a túa carta na caixa instalada no hall de entrada. Non esquezas indicar o destinatario/a e os eu curso.

Poderanse dirixirte as cartas a calquera membro da comunidade educativa, sempre e cando estean escritas dende o respecto.

Tes ata o día 12 para mandar versos afectuosos a quen queiras.

Despois de estar as cartas en cuarentena repartiranse o xoves 18 a 6ª hora.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...