22.6.20

Na Casa de papel na prensa

Recorte Prensa A Mariña de El Progreso 20/06/2020

 
Recorte Prensa A Mariña de La Voz de Galicia 20/06/2020
 

 
 

18.6.20

Emerxencia social Na casa de papel

Hoxe, xoves 18 de xuño, celebrouse no IES Perdouro un acto no que o alumnado de 4º ESO finalizou un proxecto que se denominou “Na casa de papel”. Esta iniciativa comezou pouco despois do confinamento e o seu nome alude a que a poboación tiña que quedar na casa. En colaboración cun grupo de docentes, o alumnado participou nunha serie de actividades nas que o obxectivo era a solidariedade.
Coa entrega das súas tarefas escolares de cada semana conseguían puntos que intercambiaban por máscaras de protección en primeiro lugar e, unha vez que eles estaban protexidos, comezaba a solidariedade cos demais:
- Colocáronse carros na maioría dos supermercados de Burela (Día, Eroski e Gadis) e todo o que se recolleu foi doado ao Banco de Alimentos da Mariña, que pasou de ter que atender as necesidades de 390 familias a abastecer a 765 nos últimos días.
- Os rapaces de 4º ESO, coa axuda dos seus compañeiros de 2º ESO, escribiron cartas aos maiores da localidade que viven sós e reciben axuda da Cruz Vermella. Esta organización entregou as súas misivas de apoio para aliviar a soidade e dar ánimo a cada unha destas persoas, 58 en total.
- Tamén se entregaron á Cruz Vermella 23 lotes de material escolar para que outros tantos nenos poidan comezar o próximo curso perfectamente equipados para as súas clases.
- Doáronse ademais 20 paquetes de produtos de puericultura e alimentación infantil aos servizos sociais do Concello de Burela, cuxas representantes regalaron aos alumnos unha máscara de protección solidaria para agradecer o seu traballo.
- Por último, organizouse unha recollida de roupa para doar a distintas asociacións, entre elas Cáritas.

Despois destes meses na casa e xa na última semana do curso, os rapaces mantiveron o ánimo e a motivación e entregaron as súas tarefas coa ilusión de colaborar con quen máis o necesitara. Demostraron á sociedade que, desde a casa, aínda se poden facer moitas cousas. Eles continuaron aprendendo, e non só contidos académicos. Coa súa aprendizaxe lograron axudar aos demais. 


No acto de entrega das doazóns que tivo lugar esta mañá no patio estiveron os seguintes representantes das entidades sociais as que puidemos axudar.

do Concello de Burela Doazóns
Noelia María Ben, Concelleira de Muller e Igualdade, Cooperación e Inmigración, Carmela López, Concelleira de Servizos Sociais e Conchita Pernas, Técnico Municipal produtos de aseo para bebés compostos principalmente por xel-xampú, esponxa, toalliñas, colonia e crema de protección solar.

do Banco de Alimentos

William Solano, representante do Banco da Mariña 28 kg de arroz, 20kg de pasta, 14 kg de lentellas, 23 l de aceite, 54 l de leite, 10 kg de azucre, 10 kg de galletas, conservas e produtos de hixiene e aseo persoal.
do Cruz Vermella Burela
Sonia Fraga Seara, educadora social, e Marta Amenedo Castiñeira, Traballadora Social material escolar composto por bolígrafos, lapis, goma, tesoiras, afialapis, estoxo, carpeta de anillas e folios.

Accede á completa reportaxe fotográfica aquí. 

MOITAS GRAZAS AO POBO DE BURELA E Á COMUNIDADE EDUCATIVA 
POLA SÚA XENEROSIDADE.

17.6.20

Representamos obras de arte

Este curso, ao alumnado de 3º da ESO tocounos estudar a arte do Renacemento e do Barroco pola vía telemática. Como complemento, levamos a cabo unha actividade que tiña como obxectivo familiarizarse con obras de arte destes dous períodos. Nesta actividade, os alumnos e alumnas participantes debían sacarse fotos representando distintas obras de arte. Para isto, cada un deles tivo que buscar unha obra axeitada e logo usar a súa creatividade para representala. E quedáronlles ben chulas! Finalmente, realizamos a montaxe dun vídeo con todas estas imaxes.

14.6.20

Diario do confinamento 2020

Os alumnos/as de 4º de ESO estiveron escribindo os seus diarios do confinamento. A súa profesora Miruca Parga seleccionou os textos que forman o seguinte diario de 4º de ESO A. 

El libro de los relatos perdidos de Bambert - Exposición de globos de 1º ESO

Cando pisemos as rúas

Sería este un bo título para unha canción pop dos oitenta, agora que actualizamos o repertorio musical nacional, grazas aos balcóns. Mais, porén, é a frase que encabeza a maioría dos nosos propósitos nesta época que, parafraseando a Dickens, recordaremos como o mellor dos tempos, […] o peor dos tempos.

Atrás quedan, a medio camiño, os proxectos  planificados ao comezo do curso; as aulas baleiras, en cuxas paredes aínda resoan as voces do alumnado de 1º ESO lendo en voz alta; os fantásticos globos chineses, de diversas cores e tamaños, rendendo homenaxe aos soños de papel que o sensible escritor Bambert fixo voar polo mundo. Quen nos ía dicir que, ao igual ca el, viviriamos recluidos nas nosas casas.

Cando pisemos o instituto, alí estarán, esperándonos para darnos a benvida, tinguileando ao ar cando se volvan abrir a portas. Ese será o seu aplauso de recoñecemento a vosa afouteza e tesón durante todo este tempo que, grazas ao poder da literatura, pódese converter no mellor dos tempos. 

Yolanda Orjales Somoza - Profesora de Lingua Castelá

13.6.20

Na casa de papel - 4º ESO Proxecto de cooperación Aprendizaxe e servizo

No marco do noso proxecto educativo de cooperación Na casa de papel, colaboramos con Cruz Vermella Burela. Fixemos chegar ás avoas e aos avós unhas cartas de ánimo redactadas polo noso alumnado de 4° ESO para paliar os efectos do confinamento causados pola pandemia. 

A non despedida de 2º Bach 2020

Chegou finalmente o gran acontecemento do ano: o remate da etapa educativa no instituto para o alumnado de 2º de Bach nun final de curso atípico e canto menos peculiar!!
Non foi posible reunirvos a todos para facer a foto de cada ano debido ás normas de distanciamento social pola COVID 19, mais xa haberá o momento para sacala e despedirnos.


Felicitamos a aquel alumnado que traballou nunhas circunstancias nunca experimentadas durante este período de confinamento e de estado de alarma polo seu esforzo e compromiso coa súa formación. Vai un aplauso especial tamén destinado a ese 20%  que obtivo unha media superior a 9. 

Moitos parabéns a Laura e Carmen por levar matrícula de honra.

Moita sorte a todxs na ABAU e outros destinos!

Promoción 2014-2020:
Alfonso Álvarez Sixto, Miguel Ángel Alves Veloz, Jairo Amancio Menéndez, María Ares Rodríguez, David Basanta González, Carolina Basanta Val, Christian de Brito Gonçalves, Pablo Delgado Domínguez, Noel Díaz García, María Fanego Eslava, Ainhoa Fanego Lestegás, Álvaro Fernández Fernández, Miguel Fernández Fernández, Artai Fernández Padrón, Carla Fra García, Iván García González, Pablo Goás Pardiñas, Álex Gómez Sixto, Marta Lestao Fernández, Borja Nogueira Rego, Alejandro Pena Teijeira, Samuel Pérez Franco, Laura Pernas Pérez, Carmen Pernas Pernas, Iván Pernas Pernas, Cristian Requeijo Fraga, Ángela Rivas Fiallega, Raisa Rivera Chonate, Iker Roca Strochinski, Daniel Rodríguez Fernández, Yael Rosa Fernández, Pablo Rubal Losada, Andrea Santos Pereiro, Cristina Vidal Fernández, Nicolau Vizoso López.

12.6.20

Día dos océanos

O 8 de xuño se celebra o Día Internacional dos Océanos, unha data establecida pola ONU co obxectivo de recoñecer a importancia que teñen os océanos para todas as especies e para o equilibrio ecolóxico do planeta.
O alumnado de 4° da ESO uniuse a esta celebración participando na elaboración dun vídeo no que representan parte da enorme biodiversidade dos océanos. Con el queren poñer en valor a riqueza e beleza do medio mariño dende fermosas localizacións da nosa costa.

Unha e mil veces grazas

No marco do noso proxecto educativo de cooperación Na casa de papel, o alumnado de 4º de ESO fixo un vídeo colaborativo para dar as grazas mil e unha veces aos colectivos máis afectados pola alarma sanitaria.
As gravacións foron feitas durante o confinamento debido á Covid 19. A edición final deste vídeo foi rematada aínda estes días. Trátase dun xesto desinteresado para recoñecer o esforzo e traballo de todxs nesta pandemia e para demostrar  tamén que a responsabilidade individual redunda no ben de todxs.

6.6.20

Letras Galegas en voz alta


Selección de textos especial Letras Galegas Ricardo Carvalho Calero
Un traballo do alumnado de 2°, 3° ESO e 2° de bach. do IES Perdouro guionizado pola profesora Belén Couto


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...