30.11.20

Campaña de recollida Nadal 2020

O IES Perdouro asina un convenio de colaboración co Banco de Alimentos da provincia de Lugo, e con Cáritas para poñer en marcha neste Nadal (do 1 ao 22 de decembro) unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros e roupa, que se repartirán ao finalizar nas sedes destas entidades en Burela. 

Os paquetes tanto de alimentos como de roupa deberán depositarse na conserxería do centro en bolsas cerradas. Admítense produtos de hixiene.

28.11.20

Ortografía

REPASO B/V

Esta información podedes atopala no blog Entrenamentes:

Premede nos enlaces e enviaránvos a páxinas onde poderedes mellorar a vosa ortografía.

- XOGOS ORTOGRAFÍA VARIADA:

 http://centros.edu.xunta.es/ceipdefrions/xogos/ortogal/ie/index.html
http://centros.edu.xunta.es/ceipdefrions/xogos/ortogal/ie/index.html


Pois nada, só queda practicar!

22.11.20

Perdouro, Respecto e Igualdade

A discriminación das mulleres e a violencia de xénero, lonxe de seren un fenómeno novo, son un problema arraigado nas distintas sociedades desde hai moito tempo. Porén, o recoñecemento da discriminación sexista e da violencia de xénero como problema social así como a súa visibilización si que son recentes. Ata non hai moito, considerábanse unha cuestión circunscrita ao ámbito privado, sendo un tema silenciado e normalizado pola sociedade como parte das relacións entre homes e mulleres. 
 
Desde o IES Perdouro cremos que resulta necesario impulsar accións dentro do ámbito educativo que permitan facer visible a violencia machista, de forma que os alumnos e alumnas se volvan conscientes da súa extrema gravidade e aprendan a construír formas de relación positivas, a través das cales mulleres e homes participen de igualdade de condicións en todos os ámbitos da vida. É por esta razón que no presente curso académico 2020/2021 decidimos participar no programa “Por 365 días de respecto e igualdade” do Plan Proxecta cun proxecto titulado “Contra a violencia de xénero, igualdade”. Para difundir as nosas accións, abrimos o Blog https://perdourorespectoeigualdade.blogspot.com/, onde poderedes ver todos os traballos feitos polos alumnos e alumnas. Esperamos que vos guste!
 

 

14.11.20

Videoconferencia de Sonia Villapol Salgado - Mes da ciencia en galego

Videoconferencia "Só a ciencia nos rescatará da pandemia" por Sonia Villapol Salgado.
16/11/2020 ás 12h45 para o alumnado de 4º ESO e 1º Bach.

Programa videoconferencia.

12.45-13.00: Inauguración coa intervención de:
. Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística,
. Manuel Díaz Regueiro, presidente de Igaciencia, 
. Inés Ben González, secretaria de Igaciencia
 
13.00 - 13.45: Conferencia de Sonia Villapol Salgado, neurocientífica e profesora no departamento de Neurocirurxía do Centro de Neurorexeneración do Instituto de Investigación Metodista en Houston, TX.
 
13.45-14.00 aprox. contestación de preguntas recibidas a través do chat.
 
Breve biografía conferenciante:
 
Sonia Villapol Salgado, científica no Centro Médico de Texas (Houston, EE.UU.), forma parte do Equipo de Investigación Internacional da COVID-19 (COV-irt.org)
 
Naceu en Bretoña (Lugo). Estudou BUP no instituto de Meira.
Licenciada en Bioloxía Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela (2003), é Doutora en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona (2007). 
Traballou coma investigadora postdoutoral en laboratorios do Centro Nacional de investigación científica (CNRS) da Universidade Pierre e Marie Curie VI e no Instituto Nacional de sanidade e investigación médica (INSERM) do Hospital Robert Debré, en París (Francia). No ano 2010 trasladouse un EEUU, traballou nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) e no Centro de Neurociencias e Medicina Rexenerativa, en Maryland (EEUU). Foi profesora de Neurociencias na Universidade de Georgetown en Washington DC (EEUU).
 
A súa investigación científica céntrase no estudo de danos cerebrais, tanto infartos cerebrais, coma traumatismos craneoencefálicos, experimentando distintos tratamentos e explorando os mecanismos de resposta a múltiples procesos relacionados coa morte das neuronas.
 
Destacamos especialmente, a súa capacidade para compartir o seu saber, pois participa en numerosas actividades de divulgación científica no ámbito educativo e cultural. https://www.villapol-lab.com/
 

10.11.20

Premio para o proxecto Na Casa de Papel 2020 de 4º ESO

 
Gañamos o premio á Solidariedade e os dereitos humanos no marco da VI edición "Premio Aprendizaxe e Servizo" convocada por Edebé, a Rede española aprendizaxe-servizo e o MEFP. 
 
O proxecto "Na casa de papel" foi levado a cabo durante o confinamento do curso pasado polo alumnado de 4º de ESO coa coordinación de seis profesores.
 
Moitos parabéns aos participantes neste proxecto interdisciplinar de cooperación !!! Bravo!!!
 
Acta do xurado: Aquí

1.11.20

Samaín no Perdouro

O alumnado de 1º ESO C fixo figuras de papiroflexia para adornar o centro para celebrar Samaín. 

Para fomentar a concentración e a paciencia, na aula de Edución plástica Natalia levou a cabo unhas sesións de Origami, é dicir a arte do doblado de papel de forma organizada para crear figuras. Algúns aproveitaron para mellorar a súa motricidade fina. Fixeron cabazas, morcegos, pantasmas e caveiras.

Na aula de David, tamén houbo adornos especial Samaín feitos por el.

O alumnado de Imaxe Persoal elaborou unhas barras de bálsamo labial para ter os beizos ben hidratados durante estas noites de lúa chea. 

Accede ao albúm de fotos aquí.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...