Aquí tendes o audiovisual feito conxuntamente entre aos centros educativos pertencentes ao Seminario de Educación Física da Mariña co gallo de celebrar o Día da Educación Física na rúa, o 28 de abril.
Aquí tendes o audiovisual feito conxuntamente entre aos centros educativos pertencentes ao Seminario de Educación Física da Mariña co gallo de celebrar o Día da Educación Física na rúa, o 28 de abril.
A visita virtual trataba de relacionar a nutrición cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, que compromete aos estados membros a actuar en favor de cambios globais e integrados que permitan poñer fin á fame e á malnutrición antes do 2030. Os ODS son 17 obxectivos que directa ou indirectamente están relacionados coa nutrición.
A exposición abordou temas como a distribución da auga no planeta e a importancia que ten para o noso organismo o estar axeitadamente hidratado.
Tamén nos ensinaron o prato de Harvard: un prato co número de racións de alimentos que hai que tomar para manter unha dieta saudable, consumindo calorías de calidade e escapando dos procesados. O prato visualiza a cantidade idónea de verduras, froitas, proteínas e cereais destacando que estes sexan integrais. Tamén inclúe os vasos de auga que hai que tomar cada día, e o consumo de aceites beneficiosos como o AOVE. Ademais falou sobre a pirámide alimentaria, que modificou a súa estrutura tradicional, engadindo un novo caixón na base da pirámide, que debe incluír a práctica de actividades intelectuais e de actividades físicas. A OMS recomenda que os nenos deben realizar 60 minutos de actividade física diaria para manter uns nivel de condición física saudable.
En resumo, animáronnos a levar unha vida máis saudable que inclua a práctica regular de actividade física para mellorar o balance enerxético e que a alimentación sexa sostible, consumindo alimentos de proximidade e de tempada.
Mateo Balseiro Santos, 4º ESO-B
A charla poderíase resumir en tres grandes puntos:
A conferenciante comezou falándonos dos estereotipos sexistas, primeiro en películas e series da televisión e, máis tarde, nos xoguetes, roupa, libros, etc. Nas películas e series faise ver que na tecnoloxía só traballan homes e ademais sempre o fan nun soto escuro sen luz exterior e moi desordenado. No referente aos xoguetes, roupa ou libros destacan sobre todo os catálogos de Nadal, xa que no apartado de bonecas sempre saen nenas anunciándoas e todo é de cor rosa, e no apartado de coches ou mesmo nos disfraces de profesións como bombeiro, garda civil ou cazador sempre son os nenos quen os anuncian.
Despois falounos dos prexuízos de xénero e da importancia da diversidade en torno a este; e para enlazar con este tema explicounos as barreiras que tiñan as mulleres no campo da tecnoloxía, como a ausencia de titoras, as escasas oportunidades e a diferenza de salario. Para que isto non suceda, díxonos que debería cambiar a divulgación científica, a existencia dun curriculum nas escolas e o apoio ás mulleres nesta profesión.
Para rematar, deunos información sobre oficios, se queremos entrar no mundo da informática, e mostrounos algúns exemplos de persoas que teñen un posto moi elevado e que foron alumnos e alumnas súas.
Saray Barro Rodríguez, 4º ESO-B
Nesta charla explicáronnos que moitos destes obxectos no mercado poden custar moitísimo diñeiro; pero, ao poder deseñalos nós no ordenador e logo imprimilos en 3D, é moito máis fácil e barato. E ademais poderiamos doar estes obxectos ás persoas que necesitan esta axuda.
Daniel Pernas Martínez, 4º ESO-B
Ler o artigo publicado na web de Talionis: aquí
Ramiro Pereira Trillo, 4º ESO-B
“FACEMOS AS MALETAS” PARA VISITAR VIRTUALMENTE O CASTRO DE SAN CIBRAO DE LAS.
O día 13 de abril visitáronos dous técnicos do castro de San Cibrao de Las, Jota e Jorge, e con eles fixemos o alumnado de 1º e 2º de ESO unha viaxe virtual.
San Cibrao de Las é un dos castros máis grandes de Galicia, de feito tamén se coñece como “ a cidade”, do cal só está escavado unha pequena parte. Atópase na provincia de Ourense, entre os concellos de Punxín e San Amaro, no cume dunha montaña e próximo ao río Miño. Estivo ocupado arredor duns 400 anos, entre os séculos II a.c e II d.c. e nel chegaron a vivir unhas 3.000 persoas.
Ao comezar a actividade puxéronos un vídeo, onde catro nenos e nenas ensinaban o castro. Despois o técnico foinos explicando con detalle cada parte. Vimos como era o sistema defensivo do castro, moi avanzado porque contaba con tres murallas, unha delas rematada en forma de pinzas de cangrexo. Tamén nos explicou como eran as casas, que tiñan unha cociña con forma circular na que había unha construción de pedra que era o forno, e outras habitacións que servirían como dormitorios ou despensas.
O castro tiña catro entradas, seguindo os puntos cardinais, e as rúas principais estaban empedradas. Contaba con dous pozos, situados en distintos lugares, o que lles aseguraba o abastecemento de auga aínda que fosen atacados. No centro do poboado atopábase un espazo baleiro que se cree que tiña funcións relixiosas.
Tamén nos explicaron como era a relixión dos castrexos e faláronos da deusa Navia, xa que no castro atopouse unha estela co seu nome.
Durante esta visita chamounos a atención o sistema defensivo do castro, as súas crenzas relixiosas, como facían o lume cunha peza de metal e unha pedra de sílex, a súa forma de vida, como se vestían e adornaban ou o uso que lle daban ao tríscele para espantar os males das casas.
A visita fíxose moi amena porque Jota interactuaba continuamente con nosoutros e ademais trouxo figuras para explicarnos como eran os guerreiros, unha réplica dun puñal de antenas, un tríscele ou un chisqueiro co que fixo lume nun fungo.
Esta actividade pareceunos moi interesante porque descubrimos como era a vida nun castro, aínda que nos houbese gustado máis visitalo en persoa. Oxalá poidamos facelo o próximo curso!
Alumnado de 1º ESO
25/03/2021
Outro anuncio para destacar é un de condóns no que aparece unha muller con tremelicas nas comisuras, simulando que se tes grande o pene e utilizas eses condóns case non lle vai coller na boca da rapaza coa que estás mantendo relacións sexuais. Este anuncio pareceunos a toda a clase moi indecente e sorprendeunos que houbera anuncios dese estilo.
Díxonos que o único que creaba que nos educasen desta forma é que imos ter prexuízos sobre o que poden facer as nenas e o que poden facer os nenos. Sobre este tema ensinounos un anuncio dun hipermercado no que se dicía que as nenas tiñan que ser cociñeiras e os nenos astronautas e tamén aparecía o neno de azul e a nena de rosa.
Comentounos tamén todo o que sufrían as mulleres para chegar a ser modelos coñecidas en todo o mundo ou no seu país. Cando falamos deste tema mostrounos un vídeo no que aparece unha modelo tombada e empezaron a sacarlle fotos, e logo se ve como a través do Photoshop lle cambiaron o corpo enteiro, puxéronlle peitos, cu, adelgazárona e algunhas cousas máis. Aquí o podedes ver:
Estes foron os principais puntos da charla.
Henar Cobas Linares, 2º ESO C
Accede a algunhas fotos aquí.
Nuria Ramos Cuba - 4º ESO B
Publicado o tan esperado telexornal especial Letras Galegas 2021 Xela Arias, un informativo realizado polo Departamento de Lingua Galega do CPI dos Dices de Rois.
Aquí podes acceder ao albúm de fotos.
Laura Rodríguez e Álvaro Mesa - 4º ESO