30.10.18

Navegando polo universo

Aprender astronomía foi posible hoxe para o alumnado de 3º e 4º de ESO grazas a un planetario móbil que se achegou ao IES Perdouro. Íñigo de la Quadra-Salcedo foi o astrónomo desta viaxe Navegando polo universo. Fixo unha breve introducción á historia da astronomía, falounos dalgúns persoeiros como Copérnico, Galileo Galilei, e Isaac Newton. Tamén explicounos cales son os planetas sólidos e gasosos,  os seus desprazamentos, translacións e rotacións, velocidades, as distancias entre planetas e como se forman as eclipses. Aproveitamos ao final para pisar a lúa, o noso satélite. Unha experiencia diferente sen ter que enfundar o traxe de astonauta!

Algunhas fotos aquí.

29.10.18

A Mariña ten historia II

O xoves 11 de outubro, os alumnos de 4º de ESO de TIC fixemos un roteiro pola Mariña en busca de lugares, construccións ou monumentos antigos que son pouco coñecidos polos habitantes da nosa comarca, co fin de sacar o máximo número posible de fotos. Buscabamos imaxes para elaborar o calendario do centro para o ano 2019.

Saímos do Instituto cara ao concello de Trabada. Alí vimos un menhir, datado no Neolítico, coñecido como “O Marco da Pena Verde”. A continuación, visitamos outro lugar do mesmo concello, tamén datado no Neolítico, coñecido como “A mámoa das Pallaregas”. Esta é unha mámoa que tiña soterrado un dolmen que agora sae ao exterior nun conxunto de 4-5 grandes pedras. 

Despois de visitar o concello de Trabada, fomos ata o concello da Pontenova, no que vimos a estación e o túnel do tren mineiro. O ferrocarril vai dende o centro da Pontenova ata o cargadoiro de Ribadeo. Funcionou ata a 2ª Guerra Mundial. Agora o túnel e a vía son unha “senda verde”, é dicir, utilízanse para pasear, andar en bici… Un dos túneles é coñecido como “O túnel da Abrela” e mide 173 metros. A seguinte visita foi tamén no mesmo concello, pero non visitamos ningún monumento, senón a aldea de Vilarxubín. Esta pequena poboación de menos de 100 habitantes é un lugar adentrado totalmente na montaña. O particular desta aldea é que case todas as casas están conectadas entre si. Tamén, e isto é o máis chamativo, todas as casas teñen un hórreo de montaña e un típico da Mariña. 

Xa cara á hora de xantar, movémonos ata terras mindonienses, onde fomos visitar a Biblioteca do Seminario de Mondoñedo. Alí atendeunos o reitor desta institución relixiosa. Esta biblioteca comezouse a crear a partir do S.XVI e está composta polos libros que pertencen ao bispado e por outros que doou a xente. En 1730 xa se estableceu como a Biblioteca do Seminario. Está formada por libros de distintos tipos e conta con aproximadamente 30.000 exemplares. Hai un libro do S.XIII do que, en España, só hai tres copias: unha en Mondoñedo, outra en Sevilla e a última, en Toledo. Outra das xoias desta biblioteca é unha biblia de seis tomos escrita en diferentes idiomas. A Biblioteca está declarada de Interese Turístico de Galicia. 

Tamén en Mondoñedo, visitamos a igrexa da Orde III, situada na Alcántara, que posúe un marabilloso retablo barroco. Trátase dunha igrexa de franciscanos, non aberta ao público, e que é rexentada por unha orde de seglares, é dicir, un grupo de persoas que non son relixiosos. Contén as imaxes máis importantes da Semana Santa de Mondoñedo. A persoa encargada de ensinarnos a igrexa é tamén o campaneiro da catedral de Mondoñedo. Contounos que a catedral ten sete campás grandes e tres máis pequenas. Todas están bautizadas e cada unha ten, cando menos, tres nomes. A campá “Feliciana Aldeodata de Patrocinio”, tamén coñecida como “Petra”, que data do S.XIV, pénsase que é a máis antiga de Galicia. 

Despois de xantar, fomos ata o concello de Alfoz onde, no alto da montaña, visitamos a Pedra Abaladoira. É unha pedra totalmente natural e dise que ten poderes máxicos. No mesmo concello, na parroquia do Cadramón, visitamos a Capela de Santa Filomena. En realidade é a parte dianteira dunha igrexa máis grande que quedou destruída no S.XIX. 

Xa cara ao final da xornada, visitamos o concello do Valadouro. Puidemos ver o Dolmen de Padorno, na parroquia de Santo Tomé, que data do final do Neolítico. E, tamén, visitamos o Pazo de Gradaílle, que pertenceu á familia Bolaño e Saavedra. Foi construído no S.XVII na parroquia de Santa Cruz e actualmente é propiedade dos propietarios do diario El Progreso

Sobre as oito da tarde retornamos ao instituto con moitas fotos nas nosas cámaras!

Accede aquí a algunhas das fotografías feitas neste denso día.

Crónica de Alejandra Alonso Fernández - 4º ESO

26.10.18

O noso instituto cumpre 40 anos

O día 8 de outubro visitounos un antigo profesor do centro, Antón Niñe, moi activo nas actividades do IES Perdouro para falarnos da historia do noso centro. 
Contounos que hai moitos anos en Burela había moitos problemas para ir ao instituto porque a xente se tiña que desprazar a Lugo, Ribadeo ou outros lugares. Pero o 7 de outubro de 1978 todos estes problemas acabáronse. Inaugurouse o noso instituto. A este gran evento acode parte do pobo, o alcalde, representantes da Mariña, etc... Nese primeiro curso só había cinco mestres  - agora xa son uns 60 - .
Daquela o consello escolar dicidiu o nome do noso centro, escolleu o nome por unha praia que hai en Burela. Chamárono IES Perdouro. 
Nestes 40 anos de vida fixéronse moitas actividades:  viaxes culturais (Santiago, Segovia, Mérida,...) intercambios internacionais (Francia, Bélxica, Alemaña, Italia, Turquía), convivencia no Monte Castelo, viaxe ao Congreso dos Deputados, Camiño de Santiago, etc ....
Accede a reportaxe fotográfica aquí.

Crónica de Manuela Seijo Rolán - 1º ESO C

Rifa gañadora

Loita contra a leucemia infantil da Fundación #unoentrecienmil
O número da rifa sorteada hoxe e gañadora dunha cesta de peixe valorada en 250€ é o :
......n° 438 ..........

25.10.18

Día das Bibliotecas Escolares


Carreira solidaria contra a leucemia infantil

O grupo de alumnos/as de 1º de Bach xunto ao seu profesor de Educación Física, Benxa Soto, sumáronse á convocatoria anual da Fundación Uno entre Cien Mil.

🏃‍♀️🏃‍♂️ A Carreira Solidaria contra a leucemia infantil terá lugar mañá venres 26 de outubro en toda España.
O alumnado de 1º de Bach é o encargado de toda a loxística (patrocinadores, cartelería, infraestructuras, prensa, etc...) e o de 1° de ESO correrá para recadar cartos para #VueltaAlColeXLaLeucemia de #Unoentrecienmil
Axudádeos e patrocinádeos!!

O recadado será doado integramente á fundación Uno entre Cien Mil e invertirase nunha bolsa de investigación da leucemia infantil. ESTA ENFERMIDADE É FORTE PARA UN NENO SÓ, NON PARA CEN MIL.

Grazas a todos os/as que colaboraron, colaboran e colaborarán, algún día poderemos dicir que esta enfermidade ten cura. Grazas, de verdade!

Samaín


Axenda Cultural

📌 AXENDA CULTURAL

Para esta fin de semana tedes todas estas opcións que nos recompilou o alumnado de 2° ESO PMAR! 

Coloquio con ex-parlamentarios dos tres grupos políticos

O Dpto. de Xeografía e Historia programou o encontro anual entre 3 ex-parlamentarios e os alumnos de 3º de ESO. A actividade enmarcase dentros das actuacións promovidas polo Parlamento de Galicia e pola Asociación de Exparlamentarios/as. A charla-coloquio tivo lugar esta mañá, xoves 25 de outubro, na biblioteca do IES Perdouro.

Neste acto participaron os exdeputados Alberte Xullo Rodríguez Feixóo (BNG), Sergio López García (PPdeG) e Ismael Rego González (PSdeG-PSOE). Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos un coloquio moderado por Toño Blanco, Xefe de Dpto. de Xeografía e Historia.
Esta charla-coloquio ten como finalidade que os alumnos do centro educativo coñezan o Parlamento de Galicia. Con ese fin, os exparlamentarios relataron en qué consisten as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestaron as preguntas dos asistentes, algunhas delas comprometidas e de actualidade como os incendios en Galacia ou a declaración unilateral de independencia de Cataluña e de difícil resposta.  Previamente o encontro, os alumnos visionaron unha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal.
 
Accede ás fotos do noso albúm aquí.

16.10.18

Día europeo da concienciación do paro cardíaco: Programa RCP na aula en Burela

Hoxe co motivo do Día europeo da concienciación do paro cardíaco, o 061 organizou un obradoiro sobre RCP (reanimación cardiopulmonar) básica na praza do Concello de Burela. Aí uns 20 instrutores en soporte vital básico do 061 de Galicia explicaron aos asistentes como proceder en caso de paro cardíaco. Ademais os nosos alumnos/as de 4º ESO puideron ver o equipamento dunha ambulancia e un hospital de campaña. Unha xornada importante na formación temperá en soporte vital básico (SVB) para o noso alumnado.

Ler a nota de prensa da Conselleiría 

Accede á reportaxe fotográfica aquí.

15.10.18

Día das Escritoras

15 de outubro, Día das Escritoras.
 
Celebramos o día das escritoras cunha selección de literatura xuvenil escrita por mulleres exposta na vitrina do hall de entrada.
A conmemoración xurdiu por iniciativa da Biblioteca Nacional de España, da Asociación Clásicas e Modernas e da FEDEPE para recuperar o legado das escritoras, visibilizar o seu traballo no ámbito da literatura e combater a discriminación histórica.




11.10.18

Axenda cultural

📌 AXENDA CULTURAL

Para esta fin de semana tedes todas estas opcións que nos recompilaron o alumnado de 2° ESO PMAR! 

5.10.18

Axenda cultural deste fin de semana

📌 AXENDA CULTURAL

Para esta fin de semana tedes todas estas opcións que nos recompilaron o alumnado de 2° ESO PMAR! 

Prácticas de laboratorio

Medindo a densidade das rochas! 


Comezamos o curso e retomamos as prácticas no laboratorio cos alumnos e alumnas de Bioloxía e Xeoloxía de primeiro de bacharelato. O pasado xoves estivemos medindo a densidade das principais rochas da codia, (basaltos granitos e calcarias), e do manto (peridotita e ecloxita). Coa axuda das balanzas electrónicas obtivemos as súas masas e coas pipetas o volume de auga que desaloxan, polo tanto, o seu volume. Grazas a estas medidas calculamos as diferentes densidades das rochas e indirectamente as densidades da codia e do resto das capas da Terra. 

Ver o albúm de fotos aquí.

4.10.18

Axenda cultural da Mariña do mes de outubro.

📌 Axenda cultural da Mariña do mes de outubro.

Se queredes ir planificando as vindeiras fins de semana aquí vos deixa unha proposta o alumnado de 2° ESO PMAR.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...