O pasado 15 de outubro os grupos de 1º e 2º da ESO participamos nunha actividade, a cuarta edición do concurso“ Ciberseguridade no cole”.
Dende o punto de vista da nosa clase, 2º ESO B, foi unha actividade amena e educativa, que nos fixo pasar un tempo divertido traballando en equipo. No concurso participaron máis de 150 institutos e colexios de diferentes localidades. Esta actividade consistía en facer un kahoot entre toda a clase, e nel había preguntas como:
Que deberías facer se alguén che pide o teu enderezo?
A nosa clase quedou no posto 81, aínda que unha das clases de 1º quedou no 19, facendo así un gran traballo.
En xeral, pasámolo ben e aprendemos moito.
Podedes acceder ás imaxes AQUÍ.
Iago Balseiro Parga - 2º ESO B