Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro,
a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non
universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que
destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de
Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso
alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade.
Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen
participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a
través dunha sala virtual de fácil manexo.Temos a sorte de poder participar na videoconferencia que impartirá Jorge Mira o vindeiro martes 12 de novembro a partir das 12h30 na biblioteca.
Páxina web: http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm
Sinopse: Poucas etapas da
historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica.
Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo que
habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños,
usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.

Sem comentários:
Enviar um comentário