15.10.13

Momentos de lectura, participa! #estoulendo ...

Concurso nas redes sociais: Indícanos cal é o teu momento, lugar ou postura de lectura favorito participando co hashtag #estoulendo ... boca arriba, as escuras, no sofá, debaixo da miña mantiña, cunha taza de chocolate..... Deixádevos levar!!!  Prazo: 25 de outubro . 
Premio para quen consigua máis rechíos.

Concurso de fotografía: Ademais podes participar enviando a ies.perdouro.biblioteca@gmail.com unha foto túa no teu momento de lectura favorito. Prazo: 20 de outubro
Premio a mellor foto orixinal.

Esperásmote!!


Rosalía ... para escoitarmos

No 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, desde a Coordinadora de traballadores e traballadoras da normalización da lingua chéganos esta selección de recursos en audio arredor da figura e da obra da autora:

"Rosalía para todos os gustos! Rosalía en todos os estilos! Pop, hip hop, muiñeira, rock, jazz, música antiga, tradicional, blues, fusión... Rosalía para tod@s!

14.10.13

Hora de Ler - 2013

Dimos comezo a Hora de Ler  na ESO.

Xut, silencio, están lendo!

Concerto didáctico de percusión por Israel Arranz

Dolores Otero, profesora de música, coordinou un concerto didáctico de percusión coa colaboración de  Israel Arranz.

O luns 14 de Outubro os alumnos de 3º e 4ºde ESO puideron disfrutar da música de Israel Arranz no instituto!!!!!!
Ao longo de case dúas horas ofreceunos un concerto de percusión de grande dificultade técnica, no que ademáis de escoitar a música en directo puidemos visualizar as partituras e aprender un montón de cousas coas súas explicacións.
Músico de jazz entre outras cousas e multiinstrumentista especializado en vibráfono ofreceunos unha última peza chamada “ Silvia”, obra de composición propia para cuarteto de jazz e arranxada por el mesmo para vibráfono, TODO UN ESPECTÁCULO!!!!!!!

Foi un auténtico privilexio contar cá presencia de Israel
Esperamos que volva por aquí!!!!!!



Certificación 1º Premio "Doce meses, moitas paisaxes"


9.10.13

Alumnos de 4º ESO no acto de clausura da exposición sobre Roberto Vidal Bolaños

Hoxe, mércores 9 de outubro, o alumnado de 4º de ESO acompañados por Santiago Pérez Docobo, director do IES Perdouro, Miruca Parga, coordinadora do ENDL e polo seu profesor de lingua galega, Bernardo Penabade, estivo presente no acto de clausura da exposición sobre Roberto Vidal Bolaños na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, xunto ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde, José González Barcia; o presidente de honra da Asociación Roberto Vidal Bolaño, Manuel Quintáns Suárez, o xefe territorial de Cultura e Educación, José Jesús Ramos Ledo e Xosé Luís Ansemil Moreira, Coordinador territorial EDLG da provincia de Lugo.

8.10.13

4º ESO no acto de clausura da mostra Roberto Vidal Bolaño en Burela

Biblioteca Nodal de LugoA exposición Roberto Vidal Bolaño, coa que a Xunta de Galicia conmemora a  figura homenaxeada polas Letras Galegas 2013, fai parada en Burela do 23 de setembro ao 10 de outubro, no marco da itinerancia que está a ter durante este ano por un total de 14 localidades nas que se radican concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e bibliotecas nodais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.  A mostra está conformada por 10 paneis con imaxes e textos sobre os espectáculos, personaxes e obras do dramaturgo.

O alumnado de 4º de ESO asistirá ao acto de clausura da mostra que terá lugar o mércores 9 de outubro ás 12:30 na Sala de Exposicións da Casa da Cultura. Neste acto participarán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde, José González Barcia; o presidente de honra da Asociación Roberto Vidal Bolaño, Manuel Quintáns Suárez, e máis o xefe territorial de Cultura e Educación, José Jesús Ramos Ledo. Ademais Manuel Quintáns Suárez (especialista en teatro) dará unha pequena charla aos asistentes arredor da vida e da obra de Vidal Bolaño.

19.9.13

Charla sobre mobilidade "Móvete por un aire máis limpo"

En qué consiste a Semana Europea da Mobilidade (SEM)?

É unha iniciativa que persegue impulsar ás autoridades locais no desenvolvemento de accións planificadas, probando novas medidas de transporte cos seus cidadáns.

A SEM da á xente a oportunidade de pensar acerca de para qué son realmente as nosas rúas e para debater solucións concretas de cara a afrontar os retos urbáns, tales como a contaminación do aire e o ruido.

Dentro das actividades organizadas polo Concello de Burela para celebrar a Semana Europea pola Mobilidade, impartiuse unhas charlas sobre mobilidade sostible co próposito de reflexionar sobre o uso abusivo que, en moitas ocasións facemos, dos desprazamentos en vehículos a motor.

Asi pois, o día 19 de setembro, Mª José Castro González, técnico de Medio Ambiente, sensibilizou ao alumnado de 1º e 4º de ESO co fin de coñecer o impacto ambiental do uso indiscrimado do coche, comparar o impacto ambiental dos distintos medios de transporte, concienciar da necesidade de utilizar o transporte público e promover o desprazamento a pé en traxectos curtos.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...