21.10.15

Programa KTORCE-18 - Programa de prevención de condutas infractoras, lei do menor

Celebrouse o martes, día 20 de outubro, unha charla divulgativa para alumnos de 4º de ESO e 1º de Formación Profesional Básica. Ana Pérez Figueroa, Educadora Social e Coordinadora da Área de Conflito Social da Asociación ARELA, foi a responsable de impartir o obradoiro KTORCE-18 (Programa de prevención de condutas infractoras) promovido pola Asociación ARELA e a Fundación Barrié.

O Programa KTORCE-18 pretende informar sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores ós seus protagonistas, os adolescentes, mozos e mozas co fin de reducir a comisión de delitos nestas idades, polo descoñecemento da Lei ou do contido desta.

Coas charlas pretendense prever as condutas infractoras máis salientables nos adolescentes (o acoso escolar, o uso inadecuado das redes sociais ou das imaxes dos seus amigos e compañeiros, a violencia no ámbito doméstico,…), explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nas mesmas.

A relatora tratou cuestións como a chegada a un xulgado de menores, as medidas xudiciais que se poden impoñer a un menor de idade, os delitos máis frecuentes cometidos entre menores de idade, o papel da familia, as consecuencias para os pais (responsabilidad civil) ou os lugares a onde dirixirse en caso de problemas.

A Asociación ARELA leva 17 anos traballando no desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.

Novidades en BiblioPerdouro

Entren e vexán as últimas adquisicións na biblioteca. Velaquí un adianto: lecturas para adultos, clásicos da literatura universal, literatura xuvenil, científica, etc...

20.10.15

Ruta Samos - O Cebreiro 3º ESO

O xoves 15 de outubro os alumnos e alumnas de 3º da ESO saímos do Instituto ás oito e media da mañá cara a Samos. Chegamos alí ao redor das 10,45 e o primeiro que fixemos foi tomar un pequeno bocado de mediamañá. En Samos ía moito frío pero a medida que transcorría a mañá esta sensación foi desaparecendo. Ao rematar de comer, collemos rumbo á Capela do Ciprés, denominada así pola grande e alta árbore que ten ao seu carón.

Despois dunha breve información sobre este lugar, volvimos ata o Mosteiro e, unha vez dentro, un monxe explicounos distintas historias sobre as súas pinturas, a pequena fonte central que ten o xardín e o incendio que sufriu o edificio hai moito tempo, no cal morreu un neno. Ao rematar a visita, fomos xantar.

Cando eran as dúas e media continuamos a nosa viaxe cara ao Cebreiro. O primeiro que vimos alí foi o albergue, onde paran moitos peregrinos ao longo do ano. A continuación fomos visitar o Santuario de Santa María A Real, previa explicación da súa historia. Unha vez dentro, puidemos ver varias biblias traducidas a diferentes idiomas e unha pía bautismal.

Ao rematar de velo todo, fomos camiñando un pequeno treito do Camiño de Santiago onde nos atopamos con varios peregrinos. Cando chegamos ao límite con León puidemos ver unha paisaxe moi fermosa e puidemos sacarnos unha fotografía de grupo.
  
Cando voltamos ao autobús puxémonos en camiño cara a Lugo para parar no Centro Comercial As Termas. Despois dun bo tempo alí, volvimos para Burela. 

Laura Fernández Galán – 3º ESO A


30.9.15

Formación de usuario na biblioteca

Alumnos de 1º de ESO aprenden a desenvolverse grazas a formación de usuarios que lle da a súa profesora de lingua castelá, Juani Bernardez. Nesta primeira sesión entregámoslle o seu carné da biblioteca para formar parte da comunidade de BiblioPerdouro.


27.9.15

Novidades en BiblioPerdouro

Fixádevos nas adquisicións literarias para este inicio de curso na biblioteca. Seguro que vos chama a atención algún libro. Lembrade que tedes un buzón de suxestións na entrada para que poidamos mercar os libros ou pelis que máis vos gustaron ou gusten.

24.9.15

Semana europea da mobilidade - charla de educación viaria - 4ºESO

Outra das actividades levadas a cabo dentro da semana europea da mobilidade foi unha charla de educación viaria impartida pola Policía Local de Burela destinada ao alumnado de 4º da ESO, centrada na seguridade tanto en desprazamentos a pé, en bicicleta como en ciclomotor. 

22.9.15

1º ESO - Día europeo da mobilidade

Co motivo da celebración da Semana europea da Mobilidade, o alumnado de 1º de ESO formouse en educación viaria nun circuito de karts instalado no pabellón dos institutos e a través dun xogo de preguntas sobre o tema. A actividade organizada polas monitoras de GAIA tivo lugar o luns 21 pola tarde. O lema desta edición foi “Elixe, cambia, combina, a túa mobilidade”. 

15.9.15

Presentación e inicio do curso escolar 2015-2016

MÉRCORES 16 DE SETEMBRO
  • 10:00h - Presentación do curso: 3º de ESO 
  • 10:30h - Presentación do curso: 4º de ESO
  • 11:00h - Presentación do curso: 1° e 2° de BAC
  • 11:30h - Presentación do curso: 2º de ESO
  • 12:00h - Presentación do curso: 1º de ESO
XOVES 17 DE SETEMBRO  
  • 10:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior: 1º Curso
  • 11:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior: 2º Curso
  • 12:00h - Presentación do curso : 1º + 2º FP Básica

1.7.15

Recoñecemento aos mellores expedientes

O instituto felicítavos polo éxito acadado co premio de excelencia da Universidade de Santiago de Compostela.


Tres alumnas do IES Perdouro recibiron o pasado martes, día 30 de xuño, un recoñecemento aos mellores estudantes de centros de ensino medio de Galicia por parte da Universidade de Santiago de Compostela nun acto que que se celebrou no Auditorio de Galicia en Santiago por ter superado a calificación de 9 na parte xeral das Probas de Acceso á Universiade. 

O programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” organizou este acto para premiar aqueles alumnos de 2º de Bacharelato que acadaron a puntuación de nove ou superior como resultado da media ponderada do 60% da nota media do bacharelato e o 40% da cualificación da fase xeral das Probas de Acceso á Universidade (PAAU) no presente ano.

3 ALUMNAS DE 2º DE BACHARELATO RECOÑECIDAS MELLORES EXPEDIENTES:
    • Cristina Cigarrán Díaz
    • Estela Fernández Cabana
    • Andrea Rega Villarejo
Foron máis de 500 estudantes os que acadaron unha nota igual ou superior a 9 na PAU este ano.

Parabéns Cris, Estela e Andrea !!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...