30.9.15
27.9.15
Novidades en BiblioPerdouro
Fixádevos nas adquisicións literarias para este inicio de curso na biblioteca. Seguro que vos chama a atención algún libro. Lembrade que tedes un buzón de suxestións na entrada para que poidamos mercar os libros ou pelis que máis vos gustaron ou gusten.
24.9.15
Semana europea da mobilidade - charla de educación viaria - 4ºESO
Outra das actividades levadas a cabo dentro da semana europea da mobilidade foi unha charla de educación viaria impartida pola Policía Local de Burela destinada ao alumnado de 4º da ESO, centrada na seguridade tanto en desprazamentos a pé, en bicicleta como en ciclomotor.
22.9.15
1º ESO - Día europeo da mobilidade
Co motivo da celebración da Semana europea da Mobilidade, o alumnado de 1º de ESO formouse en educación viaria nun circuito de karts instalado no pabellón dos institutos e a través dun xogo de preguntas sobre o tema. A actividade organizada polas monitoras de GAIA tivo lugar o luns 21 pola tarde. O lema desta edición foi “Elixe, cambia, combina, a túa mobilidade”.
15.9.15
Presentación e inicio do curso escolar 2015-2016
MÉRCORES 16 DE SETEMBRO
- 10:00h - Presentación do curso: 3º de ESO
- 10:30h - Presentación do curso: 4º de ESO
- 11:00h - Presentación do curso: 1° e 2° de BAC
- 11:30h - Presentación do curso: 2º de ESO
- 12:00h - Presentación do curso: 1º de ESO
XOVES 17 DE SETEMBRO
- 10:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior: 1º Curso
- 11:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior: 2º Curso
- 12:00h - Presentación do curso : 1º + 2º FP Básica
2.7.15
1.7.15
Recoñecemento aos mellores expedientes
O instituto felicítavos polo éxito acadado co premio de excelencia da Universidade de Santiago de Compostela.
Tres alumnas do IES Perdouro recibiron o pasado martes, día 30 de xuño, un recoñecemento aos mellores estudantes de centros de ensino medio de Galicia por parte da Universidade de Santiago de Compostela nun acto que que se celebrou no Auditorio de Galicia en Santiago por ter superado a calificación de 9 na parte xeral das Probas de Acceso á Universiade.
O programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” organizou este acto para premiar aqueles alumnos de 2º de Bacharelato que acadaron a puntuación de nove ou superior como resultado da media ponderada do 60% da nota media do bacharelato e o 40% da cualificación da fase xeral das Probas de Acceso á Universidade (PAAU) no presente ano.
3 ALUMNAS DE 2º DE BACHARELATO RECOÑECIDAS MELLORES EXPEDIENTES:
- Cristina Cigarrán Díaz
- Estela Fernández Cabana
- Andrea Rega Villarejo
Foron máis de 500 estudantes os que acadaron unha nota igual ou superior a 9 na PAU este ano.
Parabéns Cris, Estela e Andrea !!!
21.6.15
18.6.15
Limpando a praia do Cantiño
Para conmerorar o día mundial dos océanos,
os rapaces de 4º de ESO coidaron da nosa ribeira. Por motivo de
calendario, tivemos que atrasar dita convocatoria mundial da limpeza
simultánea das praias, iniciativa á que seguimos sumados. Acompañados
por Begoña e Mª José Cao, as monitoras de Gaia e por Montse e Miruca e Manuel, os
alumnos limparon a praia do Cantiño.
Recolléuse unha cantidade significativa de residuos: 2 rodas e 2 sacos de lixo (un con envases de plástico, latas e bolsas e o outro con boias, restos de redes, restos de caixas de plástico)
17.6.15
Viaxe ás Médulas
O pasado martes, día 16 de xuño, os alumnos de 4ºESO collimos un autobús na estación de Burela ás sete e media da mañá para dirixirnos ás Médulas. Chegamos alí sobre as dez e media e tivemos tempo para dar unha volta polo lugar ata chegar ao Centro de información e recepción de visitantes. Alí explicousenos que os romanos obtiñan ouro das Médulas para facer as moedas e o método que utilizaban para obtelo (ruina montium).
Principiamos o camiño onde nos explicaron que había moitos castiñeiros, a maioría cun tronco non moi alto pero sí moi groso e oco por dentro. Durante o camiño tivemos a oportunidade comer unhas cereixas moi ácedas e uns amorodos silvestres. Puidemos entrar nunha das galerías onde antigamente se extraía o ouro, pero non entramos demasiado xa que podían producirse derrumbes. Cando saímos, dirixímonos ao mirador de Orellana. Para chegar ata ese lugar tivemos que subir cerca de 1 km por unha ruta costa arriba, onde moitos case nos quedamos a medio camiño, pola calor que facía e polo cansancio que tíñamos. Pero, finalmente chegamos !! Mereceu a pena, xa que as paisaxes desde o mirador son espectaculares. Despois baixamos pola mesma senda e dirixímonos ao autobús. Puxemos rumbos ao lago Carucedo, onde comimos e tivemos un rato libre. Máis tarde, explicáronnos que o lago formouse polos residuos e a auga que utilizaban os romanos para extraer o ouro. No lago hai moitas especies que están en perigo extinción, porque se están introducindo novos animais invasores. Despois visitamos a Casa do Parque, que é un museo didáctico, onde nos mostraron as actividades e outras cousas que se fan nesta contorna. Cando saímos e tras facer unha parada en Villafranca del Bierzo, collimos o bús e volvimos para Burela.

Andrés Quiroga Rivas - 4ºB
Subscrever:
Mensagens (Atom)
Perdourando de IES Perdouro baixo licencia Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported License.