24.12.19
20.12.19
Batalla dos MCs
Esta mañá tivo lugar uns duelos moi peculiares.
Para finalizar o trimestre, a aula de música acolleu unha exhibición de rap libre. (Freestyle rap)
O campionato internacional da Batalla de los Gallos de Red Bull celebrouse o pasado 30 de novembro en Madrid e deunos pé a convocar o noso propio certame entre o alumnado.
Os participantes tiveron que demostrar a súa capacidade de improvisación verbal empregando as rimas e meténdose algo co contrincante da batalla, pero sen faltarlle ao respecto.
Os compoñentes do xurado foron Dolores, profesora de música; Miruca, profesora de lingua galega, e Benxa, profesor de Educación física.
En cada rolda íase eliminando un dos candidatos ata a rolda final. Hugo Soto fixo de speaker ou mestre de cerimonias e mantivo animado o público. Os finalistas foron Nicholas López e Christian Sleyther, ambos alumnos de FPB. Felicitamos a Nicholas, gañador desta primeira batalla.
Se queres saber máis sobre o tema, podes ler estes artigos: https://elpais.com/noticias/batalla-gallos/
Premios Porta Especial Nadal
Logo de reunirse o xurado para deliberar o certame "Adornade a vosa porta de aula Especial Nadal", o resultado foi o seguinte:
Premio á porta máis invernal: 1º ESO B
Premio á porta máis mensaxeira: 1º ESO C
Premio á porta máis clásica: 2º ESO A
Premio á porta máis desexada: 2º ESO B
Premio á porta máis acolledora: 3º ESO A
Premio á porta máis retocada: 3º ESO B
Premio á porta máis colorida: 3º ESO PMAR
Premio á porta máis sinuosa: 4º ESO A
Premio á porta máis galega: 4º ESO B
Premio á porta máis inclusiva: AULA PT David Pardo
Premio á porta máis aproveitada: 2º bach A
Premio á porta máis minimalista: 2º bach B
Premio á porta mellor xestionada: 1º CM Xestión Adm
Premio á porta máis electrificada : 1º CM IT
Premio á porta máis elegante: 2º CM PECOCA
Accede á reportaxe fotográfica das portas do certame aquí.
Premio á porta máis invernal: 1º ESO B
Premio á porta máis mensaxeira: 1º ESO C
Premio á porta máis clásica: 2º ESO A
Premio á porta máis desexada: 2º ESO B
Premio á porta máis acolledora: 3º ESO A
Premio á porta máis retocada: 3º ESO B
Premio á porta máis colorida: 3º ESO PMAR
Premio á porta máis sinuosa: 4º ESO A
Premio á porta máis galega: 4º ESO B
Premio á porta máis inclusiva: AULA PT David Pardo
Premio á porta máis aproveitada: 2º bach A
Premio á porta máis minimalista: 2º bach B
Premio á porta mellor xestionada: 1º CM Xestión Adm
Premio á porta máis electrificada : 1º CM IT
Premio á porta máis elegante: 2º CM PECOCA
| 1º PREMIO | 2º PREMIO | 3º PREMIO |
| 3º ESO A | 1º ESO A | 4º ESO B |
Queremos felicitar o traballo en equipo das clases e a paciencia de moitos profesores. Parabéns!!
17.12.19
Obradoiro de regueifa con Lupe Blanco
O venres 29 de novembro a regueifeira Lupe Blanco veu explicarnos como se facían as regueifas. Viña acompañada doutro regueifeiro chamado Óscar. Primeiro, crearon unha regueifa improvisada para presentarse. Cantaron cun bonito ritmo. Lupe Blanco explicounos que a regueifa podía ser unha danza ou un bolo que se repartía nas vodas. As xente xuntábase en grupos e cando un tiña pensada xa unha rima dicía: “Bomba!” e comezaba a meterse cos dos outros grupos. O outro grupo contestaba dicindo: “Bomba!”, cando tiña a reposta pensada.
Tamén nos contou que ela viña de Bergantiños. Seu bisavó tamén facía regueifas. Aínda que morreu hai máis de 30 anos. En Bergantiños tamén existe unha composicion chamada brindo, aínda que só hai un brindeiro que ten 93 anos. O número de regueifeiros é maior xa que quedan 11 ou 12.
Co paso do tempo, en vez dar un bolo daban bonecas. Algunhas delas tiñan cartos dentro. Despois, explicounos que as regueifas son coplas de catro versos nas que riman os versos pares. Normalmente as palabras máis importantes van na posición de rima.
A continuación, puxémonos en grupos e fixemos as nosas propias regueifas.
Carlos Martins Sanyang, Iago Losada Fernández e Denilson Tavares Barbosa - 1º ESO B
Escola Náutica de Ferrol
O pasado día 5 de decembro recibimos a visita de Sergio López, presidente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, e de Enrique Cobelo, docente da Escola Náutica de Ferrol.
O acto, dirixido ao alumnado de 4º de ESO, comezou coa intervención de Sergio López, que nos resaltou a importancia do porto de Burela na frota pesqueira nacional xa que conta con 30 barcos de altura, antes de pasar a presentarnos a Enrique Cobelo, director da Escola Náutica de Ferrol e asiduo visitante do porto de Burela co alumnado do centro educativo.
O profesor convidado fíxonos unha breve presentación do centro que dirixe, no que se poden conseguir os títulos de grao medio de mecánica naval e patrón litoral; e os graos superiores de mecánica maior e patrón de altura.
Despois de nos contar que Galicia conta con centros con estas especialidades en Ferrol, Ribeira e Vigo, explicounos a obrigatoriedade de facer os cursos de seguridade e 42 días de prácticas antes de obter unha titulación que habilita para o mando nos buques de todo o mundo. Ademais, enfatizou a alegría pola incorporación das mulleres (na escola da Coruña contan cun 50% de cada xénero).
Sobre as condicións de vida no mar, díxonos que dependen de se as embarcacións son de altura ou de baixura. As primeiras poden estar fóra uns tres meses e as de baixura unhas catro horas. Tamén nos dixo que ultimamente hai tripulacións que alternan mareas de tres meses con outros tres meses na casa. Esta iniciativa favorece as incorporacións no oficio xa que así as tripulacións dispoñen de máis tempo do habitual para estaren coas familias.
Antes da despedida, o conferenciante recordounos a importancia do noso porto e insistiu en que lle gustaría vernos polos corredores da Escola Náutica para que sexamos continuadores da profesión mariñeira.
Noé Fernández Quelle – 4º ESO B
Accede a completa oferta educativa na web de InstitutosFP
Nota de Prensa :
La Voz de Galicia
Accede a completa oferta educativa na web de InstitutosFP
Nota de Prensa :
La Voz de Galicia
I Congreso Infantil "Conservemos o noso mar".
Participamos no I
Congreso Infantil "Conservemos o noso mar" celebrado en Burela o pasado 12 de decembro e promovido pola Fundación EXPOMAR.
Un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO expuxo as medidas convintes para protexer e conservar o noso mar.
Ademais entregáronse diplomas aos participantes do concurso de fotografías.
Accede á reportaxe de fotografías aquí. Notas de prensa:
El Progreso
Crónica 3
16.12.19
Arbores de Nadal
Como é habitual no Perdouro, temos reservada a entrada para a nosa grande árbore de Nadal, mostra do
traballo en equipo ben feito.
Este ano o departamento de Tecnoloxía ideou unha árbore de Nadal en espiral aproveitando listóns de madeira que tiñan no taller. O alumnado de 4º de
ESO de Tecnoloxía calculou a cantidade de listóns e o ángulo de colocación para montar unha árbore de casi 2 metros de alto. Pintaron de dourado os listóns. Cristian fixo a estrela final en 3D en branco e dourado, que foron as cores escollidas para este ano.
O alumnado de 1º de ESO coa axuda da súa profesora de Relixión colaborou nos adornos que consistían en pequenos paquetes atados cun lazo branco. Nun papel dourado, recortaron a plantilla e logo tiveron que doblar e pegar os bordes ata compoñer a caixiña. Tiveron que poñer a proba a súa habilidade motriz fina. Había 3 tamaños de caixas para ir adornando a árbore de máis grandes na base ata máis pequenas na punta. Logo había que atar a caixiña e facer un fermoso lazo. O Departamanto de Mecanizado fixo o mastil para armar a árbore.
O alumnado de 1º de ESO coa axuda da súa profesora de Relixión colaborou nos adornos que consistían en pequenos paquetes atados cun lazo branco. Nun papel dourado, recortaron a plantilla e logo tiveron que doblar e pegar os bordes ata compoñer a caixiña. Tiveron que poñer a proba a súa habilidade motriz fina. Había 3 tamaños de caixas para ir adornando a árbore de máis grandes na base ata máis pequenas na punta. Logo había que atar a caixiña e facer un fermoso lazo. O Departamanto de Mecanizado fixo o mastil para armar a árbore.
Ademais, o alumnado de 2º de FP Básica fixo dúas árbores empregando tuberías de cobre. Unha delas tamén adoptaba a forma de espiral e a outra tiña forma cuadrada.
Accede a reportaxe fotográfica aquí.
14.12.19
Unha reflexión 25 N
A violencia machista segue presente na sociedade actual. Pero, hoxe e aquí, queremos poñer a nosa énfase na situación de violencia que seguen vivindo as mulleres.
A violencia machista segue instalada na nosa sociedade e fai que millóns de mulleres vivan aterrorizadas na súa vida cotiá por unha soa razón: ser muller nun mundo dominado por homes.
Para moitas delas a tortura é parte da súa vida e en demasiadas ocasións tamén da súa morte, ou mellor dito, asasinato. Porque son asasinadas, non mortas. Porque quen ama non insulta, nin humilla, nin maltrata, nin viola, nin mata.
A violencia machista non só se dá na esfera da parella e da familia, senón que ten tamén outros contextos e outras manifestacións máis aló dos asasinatos.
O dereito a vivir unha vida libre de violencia machista é un dereito humano recollido tanto no ámbito internacional, a través de tratados, como no ámbito nacional a través das leis. Con todo, aínda temos un longo camiño por percorrer para que a igualdade formal se traduza nunha igualdade real onde as mulleres sexan quen de vivir unha vida libre de discriminacións e desigualdades por razón de xénero.
Estamos lonxe de erradicar a violencia contra as mulleres e temos a obriga de seguir traballando.
Por iso pedimos:
- Que toda a sociedade, organizacións e institucións se comprometan nesta loita.
- Que se destinen máis recursos para previr e combater todo tipo de violencia machista.
- Que se desenvolva a educación neste ámbito en todos os centros e en todas as etapas educativas.
En definitiva:
Esiximos que desde todos os ámbitos se marquen como obxectivo prioritario unha sociedade máis xusta, onde se eduque os nenos e nenas no respecto e a tolerancia, onde as mulleres teñan as mesmas posibilidades ca os homes de poder vivir unha vida plena e feliz, onde non se permita que ser muller sexa un factor de risco.
Non máis violencia machista. Nin unha menos!
Andrés Pardo Parra, 1º Bach
Manifesto “Nada que celebrar”
Manifesto “Nada que celebrar”
1. Nunca máis telexornais con noticias de maltrato machista ou violencia e si con experiencias de convivencia pacífica e de respecto.
2. Si queremos máis amor, con maiúscula, si queremos que se celebren aniversarios con felicidade e si queremos educar en valores éticos.
3. Para cando unha manifestación de igualdade sen odio onde ninguén se quede fora.
4. Camiñemos cara a un futuro de tolerancia, respecto e liberdade mediante a resiliencia sen días especiais de reivindicacións tristes e de sangue derramado.
5. Alcancemos ese día onde o pasado sexa historia e non teñamos nada que celebrar.
E isto é o comezo...
Álvaro Nogueira Fuertes, 1º BAC
Subscrever:
Mensagens (Atom)
Perdourando de IES Perdouro baixo licencia Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported License.





