30.4.20

Telexornal Día das Letras Galegas 2020

Xa chegou o telexornal adicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do CPI Plurilingüe dos Dices (Rois-A Coruña)- RICARDO CARVALHO CALERO, baixo a dirección do profesor Luís Aldegunde.

27.4.20

Rap do confinamento

Dende sempre a música actuou como o vehículo idóneo para a expresión e manifestación das emocións humanas. Nestes tempos de confinamento, de circunstancias insólitas nunca vividas, pedinlles aos meus alumnos de 4º que creasen unha letra e a interpretasen modo de rap, coa intención de que expresaran libremente todo aquelo que sentían e que ao mellor non verbalizaban.
O resultado foi extraordinario, e merecen todo o recoñecemento, non só polo gran potencial creativo, senón tamén pola actitude impecable, a conciencia que puxeron e a responsabilidade persoal que asumiron durante todo este proceso. Noraboa a todos!!

Aquí deixamos os raps por orde de lista.

Dolores Otero, profesora de música.

Día da Educación Física na CASA

Mañá martes 28 de abril celebramos o Día da Educación Física na rúa, e este ano pasa a ser o Día da Educación Física na CASA #DEFC convirtíndose no gran evento educativo destas semanas de confinamento.
Así que se te animas a participar le as seguintes instrucións:
Demostra que aceptas o reto practicando un deporte olímpico adaptado as túas posibilidades e dentro da casa.
Cómo participar?:
1. Construe unha antorcha similar á dos profes.
2. Grávate practicando un deporte olímpico. Se podes implica a túa familia.
3. O inicio do vídeo debe ser recollendo a antorcha pola túa dereita e logo finaliza o vídeo lanzándoa pola túa esquerda (como fan os profes no seu vídeo).
4. O vídeo non durará máis de 15 segundos e gravarase en HORIZONTAL.
5. Envía o vídeo aos teus profes de EF , Benxa ou Manuel, antes do domingo 3 de maio.
6. Farase unha montaxe por centros, e tamén outra coas mellores participacións de cada colexio/instituto.
7. Estos vídeos serán publicados nas distintas redes sociais que utilizan os centros
8. Anímate a participar e divírtete!

25.3.20

II Certame de regueifa do IES Perdouro - Fase confinamento

NON PERDAS O NORTE 2020

Debido ao confinamento pola aparición do virus SARS-CoV-2 o equipo organizador do certame decidiu actualizarse e adaptarse ás novas medidas. O certame cambia radicalmente.
 
Volvemos abrir o prazo de inscrición. Neste caso a vosa participación no certame consistirá no envío dun vídeo regueifando. 

Recibiranse vídeos ata o día 24 de abril. 

Para máis información consultar as bases na nosa web https://nonperdasonorte.webador.co.uk/

23.3.20

12.3.20

Baile pola igualdade

Tiñamos unha cita esta mañá no patio do instituto, profesores e alumnos. 
Era o baile definitivo sobre a canción E ti, só ti, versión de Sé,  co propósito de visibilizar a igualdade.
Logo de ensaiar nos recreos desta semana a coreografía do baile que as alumnas de xinmasia rítmica nos ensinaron, chegou o día da gravación. 
Celia Leivas, alumna de 3º ESO, conduciu o acto abríndoo coa lectura dun pequeno manifesto feito por ela.
Cristian fixo de técnico de cámara e contamos con José Luis do departmento de Electrónica na megafonía. Todo saíu ben, mais houbo que facer tres tomas. Agora toca esperar pola montaxe do vídeo. Mentres tanto aquí algunhas fotografía do acto 8M.

9.3.20

Pola igualdade

Con motivo do mes da IGUALDADE temos a intención de gravar un pequeno baile colectivo onde participemos todas e todos. A canción escollida é E ti, só ti, versión de Sés. Será o xoves 12.
Entón imos ensaiar a coreografía nos recreos do luns, martes e mércores.
Axúdanos a visibilizar a igualdade e ponte a bailar con nós.
E lembra: o xoves 12 gravamos. Vente vestidxs con algo lila/vioteta/morado.

7.3.20

Mulleres destacadas

Co gallo do Día da muller, na aula PT, o alumnado de Rosa traballou sobre estas mulleres que vemos neste  humilde mural. 




6.3.20

As paisaxes xeolóxicas da Mariña lucense

As alumnas e os alumnos de Xeoloxía de 2 de Bacharelato realizaron un traballo titulado "As paisaxes xeolóxicas da Mariña lucense", co obxectivo de coñecer e divulgar as paisaxes naturais xeolóxicas tan valiosas que existen neste lugar da xeografía galega. Para iso, dividimos o proxecto en tres grupos, de firma que un deles ocupouse da Mariña occidental, outro da Mariña central e, o restante, da Mariña oriental. Cada alumno/a escolleu dúas paisaxes da zona obxecto de estudo e estes son os paneis informativos que fixeron. Esperamos que vos gusten!

Accede por aquí ás fotografía do mural.

4.3.20

Excursión a Santiago de Compostela

O luns 10 de febreiro, o alumnado de 3º ESO foi de excursión a Santiago de Compostela, ao Teatro Principal e, máis tarde, ao centro comercial As Cancelas.
O autobús partiu de Burela ás 8:40, aproximadamente, e chegou ao Teatro Principal ás 11:15. Alí asistimos á obra didáctica Involución de 12:00h a 13:00h. Esta, trataba sobre a evolución da vida, empezando por unha bacteria e acabando por converterse nun empresario, pasando por cavernícola e emperador grego. Mentres interpretaba os papeis, o personaxe ía lucíndose como malabarista, trapecista ou bailarín.
Ao acabar, estivemos dando un paseo por Santiago coas profesoras Karina Parga e Dolores Otero como guías. Visitamos, ao saír, a catedral; despois, pasamos pola Praza das Praterías; tamén fomos á Praza do Obradoiro; á Porta Santa, porta que se abre só no Ano Santo (cando o 25 de xullo coincide domingo); a continuación fomos ao Pazo de Fonseca, onde está a Biblioteca e, por último, fomos ver a árbore da ciencia, onde se supón que se dás as costas e elixes unha rama que che dirá que deberías estudar.
Logo disto, o alumnado fomos xantar ao centro comercial As Cancelas e dar un paseo ata as 16:30h, hora á que regresamos a Burela en autobús.
Accede á reportaxe fotográfica aquí.

Lucía Ciria Cao - 3º ESO B
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...