
Desde 2008, a Consellería de Educación vén editando, a comezos de
cada curso escolar, un cartel para difundir o modelo de biblioteca
escolar polo que se está a traballar, uníndose desta forma á celebración
do Día da biblioteca (24 de outubro), no
convencemento de que, aínda sendo unha biblioteca específica (cunha
misión clara dentro do centro educativo, e uns servizos e actividades
acordes á súa definición como "centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe"), non deixa de ser unha BIBLIOTECA;
máis aínda, é a ÚNICA biblioteca pola que pasa toda a poboación en
idade escolar dun país: todos os nenos e todos os mozos teñen no seu
centro (ou deberían ter) unha biblioteca escolar.
Galicia conta, desde hai pouco (Lei 5/2012, do 15 de xuño), cunha Lei de Bibliotecas de Galicia que contempla a Rede de Bibliotecas Escolares como integrantes do Sistema Galego de Bibliotecas,
xunto coa biblioteca de Galicia, a Rede de Bibliotecas Públicas de
Galicia, as Bibliotecas Universitarias e as bibliotecas especializadas
entre outras.
Sem comentários:
Enviar um comentário