20.12.13
Capitanía marítima de Burela: as súas funcións

O acto, organizado pola A.C. “Os Matos”, consistiu nunha charla dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, que seguiu con interese a intervención de Fernando Otero.
A súa exposición versou sobre o traballo que se desenvolve en Capitanía Marítima, que ten como principal obxectivo “velar pola seguridade marítima”. Na súa intervención falou sobre “a seguridade da vida no mar” e “o cumprimento de normas sobre contaminación marítima”.
Antes de rematar informou sobre os estudos necesarios para alcanzar a titulación para traballar en barcos ou como funcionario en distintos servizos de Capitanía. Varios alumnos interesáronse por estes temas facendo preguntas ao respecto.
19.12.13
Alumnos de 3º de ESO facendo o Camiño Norte - Lourenzá
O día 19 de decembro un grupo de alumnos de 3º de ESO desprazouse ata o Concello de Lourenzá para percorrer a pé un tramo do Camiño de Santiago (Camiño Norte), actividade programada polos Departamentos de Ciencias Sociais e Relixión Católica. Durante o percorrido, o alumnado escoitou as explicacións dos profesores acompañantes, Maribel e Antón, que lles axudaron a comprender varios aspectos da ruta a Santiago.
Nun agradable paseo polo centro de Lourenzá, o grupo detívose diante da Casa Natal do recoñecido escritor Francisco Fernández del Riego, onde se informou da súa vida e obra, facendo fincapé en que ocupou o cargo de Presidente da Real Academia da Lingua.
Moi pretiño de Lourenzá, en pleno val, está o Pazo de Tovar. Alí puideron ver os traballos de restauración desta fortaleza que, dentro de pouco, albergará un museo.
Despois dun tempo de lecer, a mañá rematou na Igrexa de Lourenzá e no Museo de Arte Sacra, onde unha guía municipal informou detalladamente ao alumnado sobre os lugares incluídos na visita: fachada da Igrexa, interior do templo, sancristía, relicario, sepulcro do Conde Santo…
Na viaxe de volta o comentario xeral era que Lourenzá conserva un rico patrimonio histórico e artístico que paga a pena coñecer.
Fixádevos na seguinte reportaxe fotográfica canto aprenderon!
16.12.13
Chévere: I'll be watching you: a construción do xénero a través da música comercial
A pasado 16 de decembro, alumnos de 2º, 3º e 4º ESO asistiron á representación da obra de teatro con perspectiva de xénero: I’LL BE WATCHING YOU (hei estar vixiándote) do grupo Chévere.
Trátase
dun proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e musical que analiza os roles
de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa da música
comercial de consumo masivo.
Yeni é a vocalista e Dami o guitarrista dunha orquestra de pachanga. Veñen ofrecer o típico repertorio versioneando os éxitos do pop actual, esa música coñecida por todo o mundo e supostamente neutral, apolítica. Entre tema e tema, Yeni introduce o relato da súa propia experiencia vital como muller, facendo participar ao público dunha nova e crítica lectura dos valores que transmiten as cancións que canta.
ILL’ BE WATCHING YOU fala dos valores que moitas veces se agochan detrás das baladas románticas, cuestionando os estereotipos ríxidos de home e muller que non contemplan outras opcións, a cosificación da muller, os celos como proba de amor, a connivencia coa violencia e o sentimento de propiedade sobre a outra persoa. Fala das relacións de igual a igual frente ás que non o son, da autoestima, da necesidade da reacción das propias mulleres para poñer fin á violencia de xénero.

13.12.13
1º Bach de visita en Lugo
O día 13 de Decembro os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato fixeron unha visita a Fundación TIC de Lugo. Antes da visita á fundación, realizamos unha visita á biblioteca intercentros do campus de Lugo, onde os alumnos poideron comprobar in situ o funcionamento da mesma, localizando libros das distintas titulacións e orientandose a través de planos para poder encontralos.
A continuación fixemos a visita á Fundación TIC, é unha escola de imaxe e son que ten estudos relacionados cos ciclos superiores de producción e realización. O longo da visita ensináronnos as instalacións e platós do centro onde se forman os profesionais do mundo audiovisual. Explicáronnos o funcionamento das unidades móviles de televisión. E vimos tamén as distintas especialidades desta escola: mundo da televisión, radio, cine, e ambito dos videoxogos.
Houbo unha actividade na que os alumnos foron os protagonistas dun informativo no plató da fundación. Fixérono realmente ben, como auténticos profesionais. Tivemos unha agradable charla cos profesores do centro no que nos informaron sobre a situación de crise que atravesa o sector audiovisual.

As actividades realizadas pola tarde foron, visita o museo
provincial de Lugo onde asistimos a unha interesante explicación sobre o
patrimonio arqueolóxico da cidade de Lugo. Asistimos as explicacións
sobre aras votivas, estelas romanas e mosaicos que constituen o legado
romano de Lugo. Igualmente fixemos unha visita a exposición da cerámica
de Isaac Díaz Pardo.
Acabamos a visita na Casa dos mosaicos de Lugo. Esta casa data dos séculos I e II e estivo ocupada ata mediados do século V. O introducirnos no recinto sorprendeunos a gran sala de recepción na que todavía se poden contemplar os restos das columnas que cubrían o seu perímetro. A guía turística explicounos a técnica empregada para a realización dos mosaicos (opus tessellatum). Fixéronse con pequenas pezas de mármol de diferentes cores, que no chan forman composicións pictóricas. Foi moi interesante tamén o audiovisual que facía referencia a evolución urbana de Lugo dende a época romana ata os nosos días, así como a distribución da domus e as súas distintas estancias: vestíbulo, atrium o espacio central, sistema de calefacción o hypocaustum…
Foi unha xornada moi intensa na que se fixeron moitas actividades tanto culturais como de coñecemento de oferta de estudos.

12.12.13
Charlas sobre internet - 1º ESO
O axente Peña explicoulles a necesidade de implantar na súa rutina diaria en Internet unha serie de consellos para protexer a súa persoa e intimidade e evitar a comisión de delictos. Incidíu en que é necesario educar no intercambio e usos propios e alleos de imaxes íntimas e persoais. Fixo tamén fincapé no perigo de facilitar datos persoais e íntimos a descoñecidos e na necesidade de que comenten cos seus pais, titores ou profesores calquera contido estrano e/ou ameazante que detecten en Internet.
11.12.13
A nosa particular árbore de Nadal 2013
Este curso, como actividade do proxecto interdisciplinar BurelaXogaRecíclase, Mª Xosé Andión ideou facer unha árbore de nadal con OVEIRAS !!! Con oveiras si !!! Unha loucura me diredes!! Pois si.
Aí nos puxemos a recolectar caixas de ovos de todos os tamaños por todas as casas. Logo sacámoslles as etiquetas unha a unha e pintámolas con moito esmero. Mais quedaba a parte máis dificil: a ensamblaxe. Fixemos unhas probas de montaxe, Mª Xosé e mais eu, que non nos convencían demasiado. Pero contamos con moita axuda. Xa veredes cantos participamos nesta obra que naceu sendo unha actividade de clase e acabou sendo unha actividade de unión entre todos, alumnos e profesores. Todos aportamos o noso gran de area:

- José Luís calculando a altura e circunferencia;
- José, o noso arquitecto, propuxo desestruturar a árbore en 4 tramos,
- Karina preocupouse do paralelismo das caixas,
- Montse e familia pegaron e recortaron oveiras por decenas,
- as monitoras de Gaia pintáronas cos seus nenos da gardería,
- Tania e Elena retocaron a pintura,
- Fran axudounos a encontrar o punto de gravidade da árbore,
- Cristina foi mercar un sedal máis resistente que puidera co peso da nosa árbore,
- Javier, o noso xardineiro, tensou o sedal baixo o mando de José,
- E todo o alumnado de 1º e 2º de ESO e 1º BAC (de Grego) pintaron e pintaron oveiras e prepararon as bases circulares de cada tramo da árbore.
E, finalmente, Mª Xosé puido ver convertida en realidade a súa proposta de Nadal reciclado.
Día Internacional dos Dereitos Humanos - 10 de decembro 2013
Os alumnos de 2º de ESO e 1º de Bach de grego coa axuda da súa profesora Mª José Andión, realizaron uns carteis conmemorativos do día dos Dereitos Humanos.
10.12.13
Charla sobre drogas - 3º e 4º ESO + PCPI
O pasado martes 10 de decembro, o alumnado de 3º , 4º ESO, PDC e PCPI recibiu na biblioteca do centro unha charla de prevención sobre drogas impartida por Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo. Esta actividade forma parte do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar.
5.12.13
Nelson Mandela DEP 05/12/2013
Nelson Mandela: "A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo"
Máis información en:
Biografías:
Máis información en:
Biografías:
2.12.13
Día da Sida - mesas informativas no Perdouro
Co propósito de conmemorar o día da Sida, voluntarios de Cruz Vermella informaron o alumnado e repartiron preservativos entre o alumnado dos Ciclos Formativos asi como folletos informativos.
Novidades na biblioteca : recomendacións de lectura para este Nadal
Pásate pola biblioteca e leva os libros que máis che apetecen.
28.11.13
Premios no Concurso de cartel Día da Sida
Antía Baño, alumna de 3º de ESO, e Saray Rozas, alumna de 4º ESO, acadaron o premio respectivamente nas categorías de 12-15 anos e de 16-18 anos no Concurso de Cartel convocado pola unidade asistencial de drogodependencias de Burela para conmemorar o día da Sida.
O pasado 28 de novembro o edil, José González Barcia, e a concelleira de Sanidade, Diana Durán entregaron os galardóns os premiados.
2º ESO - Inmersión Lingüística Salduero
Un grupo de 25 alumnos de 2º de ESO están pasando uns días por Soria prácticando inglés grazas a un programa de inmersión lingüística no Albergue Caja Duero de Salduero. Comparten esta experiencia con alumnos do IES Antonio de Nebrija de Móstoles.
Os alumnos realizaron rutas por Salduero e Molinos de Duero a orillas do río que segue conxelado polas orillas. Practican inglés todo o día cos monitores e profesores do campamento a través de xogos como Trivial, ginkanas, concursos televisivos... Levan a cabo obradoiros relacionados co medioambiente nos que realizan xogos de campo utilizando GPS, constrúen diminutas embarcacións con elementos da natureza cercana coas que despois compiten nunha carrera río abaixo.
Hoxe tocou visitar ao Museo do Bosque, situado no concello de Vinuesa (Soria), a poucos kms dos Picos de Urbión e da Lagoa Negra, un lago glaciar. A visita consistiu nunha viaxe virtual guiada polo paisaxe dos Picos de Urbión, a súa fauna e a súa natureza. Debida as baixas temperaturas destes días, non puideron achegarse á Lagoa Negra xa que a ruta está cuberta polo xeo.

26.11.13
Obradoiro de xabón con Gaia - Proxecto Interdisciplinar de 2º ESO
Actividades do Proxecto interdisciplinar BurelaXogaRecíclase:
Esta semana, Mª José e Begoña ensinan ao alumnado de 2º de ESO a facer xabón empregando a aceite usado co propósito de motivar aos rapaces na importancia da reutilización dos recursos.
Esta semana, Mª José e Begoña ensinan ao alumnado de 2º de ESO a facer xabón empregando a aceite usado co propósito de motivar aos rapaces na importancia da reutilización dos recursos.
Obradoiro de xabón "lagarto"
Obradoiro de xabón cosmético de glicerina
Obradoiro de xabón cosmético de glicerina
25.11.13
1º ESO - Itinerario xeográfico, histórico e artístico por Burela
O día 25 de novembro o alumnado de 1º de E.S.O. participou nunha das actividades programadas polos Departamentos de Ciencias Sociais e Relixión Católica: Itinerario Xeográfico, Histórico e Artístico por Burela.
Saíndo do Instituto, os alumnos fixeron un percorrido en autobús que os levou ata o Cantiño, seguindo despois pola Avda. Arcadio Pardiñas, Rúa Eijo Garay, Porto e Paseo Marítimo, rematando a ruta na Igrexa de Vila do Medio.
Ao longo da viaxe escoitaron as explicacións dos profesores acompañantes que informaron sobre os edificios públicos (Concello, Centro de Saúde, Confraría de Pescadores, Capitanía Marítima...), a economía (pesca, servizos), e a xeografía do concello (porto, cabo, faro, praias...).
Na Igrexa de Vila do Medio tiveron ocasión de apreciar as pinturas góticas e outros aspectos de interese histórico.

25 de novembro - Día contra a violencia de xénero - Recomendacións de BiblioPerdouro
Recomendámosche unha recompilación de libros e filmes para conmemorar o 25 de novembro e sensibilizarnos tod@s contra a violencia de xénero.
Charla sobre reciclado do aceite - GAIA
Actividades do Proxecto interdisciplinar BurelaXogaRecíclase:
Hoxe, as monitoras de Gaia impartiron unha charla ao alumnado de 2º de ESO sobre a importancia de separar o aceite de cociña nos colectores previstos para tal efecto e explicáronnos como reutilizar o aceite para facer xabón como aquel que facían as nosas avoas para branquear a roupa.

21.11.13
"Como Galegos" da TVG rodando no IES Perdouro
Ayub Sabry, alumno marroquino do Ciclo Medio de Mecanizado, será o protagonista do programa da TVG "Como Galegos" que retrata a integración da xente de fóra en terras galegas.
Hoxe o equipo do gravación liderado por Noelia visitou o centro educativo onde estuda Ayub asi como os estudios do Programa radiofónico de Proxecto Neo.
Esperamos impacientes poder ver o resultado canto antes!!!
20.11.13
1ª xuntanza do clube de lectura
Este curso o clube de lectura adicarase á literatura contemporánea dos cinco continentes.
Este mércores 20 de novembro, os clubeiros reuníronse pola tarde na biblioteca para intercambiar as súas impresións despois da lectura da obra francófona de Amélie Nothomb, Metafísica dos tubos.
18.11.13
Gaia - Semana Europea da Prevención de Residuos
Do 16 ao 24 de Novembro celébrase a Semana Europea da Prevención de Residuos. O seu obxetivo é difundir o concepto de prevención de residuos e evidenciar o seu impacto no medio ambiente e na loita polo cambio climático.
Hoxe as monitoras de Gaia impartiron unhas charlas ao alumnado de 3º e 4º da ESO sobre a xestión dos residuos, intentando deste xeito aportar o noso graniño de area nesta tarefa na que todos debemos implicarnos.
14.11.13
Campaña escolar "Separemos ben, reciclemos mellor"

Así pois, o xoves 14 de novembro coincidindo coa semana internacional da Reciclaxe, todo o alumnado de ESO e PCPI asistiu ás charlas informativas
impartidas por educadores ambientais que lle explicaron en que consiste
unha xestión sostible do lixo, proporcionándolle ao alumnado as boas
prácticas coas que facer efectiva a súa participación: desde o consumo
responsable e a prevención de residuos, ata a reutilización e adecuada
segregación dos mesmos. Explicaron a necesidade de contar coa participación de todos a través da práctica das Tres erres "3R": Reducir as cantidades de lixo producidas, Reutilizar os produtos o maior
número de veces posible ata esgotar a súa vida útil, e Reciclar separando as
distintas fraccións que conforman o lixo. Ao remate da actividade entregáronse a cada alumno un folleto informativo de axuda para identificar os distintos residuos así como o colector correspondente.
13.11.13
Mostra de cogomelos 2013
O Departamento de Ciencias Naturais organiza a súa exposición anual de
cogomelos da comarca. Logo da recollida dos exemplares polos montes de
Penas Agudas, o alumnado de 1º de bacharelato participa na actividade
de identificación e etiquetado dos fungos para amosar a diversidade
destes seres vivos.
Como recoñecer os cogomelos?
Como recoñecer os cogomelos?
De axuda pode servir este vídeo, para empezar.
Aquí tedes unha información recompilada sobre os cogomelos de interese sacada da páxina Bioecología.
Recomendacións sobre Cogomelos de Galicia.
Guías virtuais de setas:
- Fungipedia
- Guía Micológica, da Asociación micolóxica El Royo
- Guía de hongos e setas en Asturnatura
- Guía de la naturaleza: setas e fungos, en Vive la Naturaleza
- Setas y rutas micológicas en Sanabria, Carballeda y Los Valles
- Las setas y los hongos
- Cestas y cetas
- Lista alfabética de las setas de la comunidad de Madrid.
- Galería fotográfica de las setas en Micologia.net
- Cogumelos silvestres de Portugal (en portugués)
- Setas comestibles, da Sociedade Micolóxica leonesa San Jorge
- Bolets a la comarca de La Selva, en catalán
- Identificaçao de cogumelos: Criterios para a identificación en portugués
- Guía del recolector
Cociñar:
- Cocinar las setas, de Llorenç Petràs
- Guía Miguelín de las setas
Saída micolóxica 2013
Na colleta atopáronse boletus, lepiotas, níscalos,
amanitas rebescens, entre outras especies.
12.11.13
Videoconferencia de Jorge Mira - Día da Ciencia en Galego
Hoxe o alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bach asistiron á videoconferencia de Jorge Mira co galo do IV Día da Ciencia en Galego, actividade promovida pola Coordinadora Galega de ENDL.
Neste conferencia de media hora, Jorge Mira explícoulles a casi máis de 6000 alumnos/as de 88 centros de esino secundario de toda Galicia como, na Grecia Clásica, Eratóstenes fixo para medir o tamaño da Lúa, do Sol, da Terra, así como calcular as distancias que nos separan daqueles astros usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.
Escoitade a entrevista que lle fixeron a Jorge Mira esta mañá en Radio Burela no 107.7 despois do minuto 34'. http://www.ustream.tv/recorded/40702039

8.11.13
Sonia Parra e José Ramón Leiva, reporteiros para Radio Burela
Non vos perdades.... Radio Burela facendo eco das actividades desenvolvidades no IES Perdouro.....
A alumna de 1º de Bach, Sonia Parra, explica á audiencia do programa A mañá da Mariña de Radio Burela as súas impresións tras asistir á charla coloquio co guionista Eligio Rodríguez Montero que tivo lugar na biblioteca do centro o xoves 7 de novembro.
José Ramón Leiva, orientador do Perdouro, indica que os obxetivos da actividade centráronse principalmente na orientación vocacional entorno o campo da comunicación audiovisual contando coa testemuña en primeira persoa do exitoso guionista Eligio Rodríguez Montero.
Escoitade a entrevista en Radio Burela na seguinte ligazón a partir do minuto 20' http://www.ustream.tv/recorded/40578256?utm_campaign=t.co&utm_source=ustre-m&utm_medium=social
Reportaxe gráfica da charla con Eligio Rodríguez Montero o xoves 7 de novembro cos alumnos de 1º de Bach e de 4º ESO.
Reportaxe gráfica da charla con Eligio Rodríguez Montero o xoves 7 de novembro cos alumnos de 1º de Bach e de 4º ESO.
Porque me sae do galego, Gamy
PORQUE ME SAE DO GALEGO, de GAMY. Un videoclip para o Clube da Lingua, IES Marco do Camballón,
7.11.13
Eligio Rodríguez Montero na prensa
Prensa escrita : entrevista de Lupe publicada na Mariña do Progreso, 07/11/2013
Prensa radio: entrevista de Matías Nicieza realizada en Radio Burela, 08/11/2013 - despois do minuto 34 (http://www.ustream.tv/recorded/40550084).
Prensa radio: entrevista de Matías Nicieza realizada en Radio Burela, 08/11/2013 - despois do minuto 34 (http://www.ustream.tv/recorded/40550084).
Centenario do nacememento de Albert Camus
O 7 de novembro de 1913 nacía en Arxelia o novelista, ensaista, dramaturgo, filósofo e periodista francés Albert Camus.
Na súa variada obra desenvolveu un humanismo fundado na conciencia do absurdo da condición humana. En 1957 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
Entre as súas obras principais destaca "L´étranger" , novela na que se describen as vicisitudes dun individuo incapaz de amosar sentimentos ou de crear unha moral acorde entre a razón-sensación-emoción e que reacciona sin razón nen motivo aparente.
Nunca deixou de loitar contra todas as ideoloxías que arredran ao home da condición humana.
Para saber máis:

- El País Cultura: Camus cumple cen anos http://ow.ly/qAJQK O autor de 'A peste' segue sendo un extranxeiro en Francia.
- El País Cultura: Centenario de Camus: “Sen a cultura, e a relativa libertade que ela supón, a sociedade non é máis que unha xungla” http://cultura.elpais.com/cultura/2013/11/06/actualidad/1383735115_988430.html …
- El País: Albert Camus, sodade pola libertade http://cultura.elpais.com/cultura/2013/11/06/album/1383738288_181945.html …
- El Diario: 5 boas razóns para ler a Albert Camus http://kcy.me/uy2l
- Público: 100 anos despois Albert Camus http://www.publico.es/culturas/480462/100-anos-tras-albert-camus …
- El Cultural: Hoxe fai 100 anos. Albert Camus libertario e rebelde. http://www.elcultural.es/version_papel/LETRAS/33521/Camus_100_anos_de_rebeldia …
- Vozpópuli: un centenario incómodo que Francia non sabe aínda cómo celebrar http://vozpopuli.com/actualidad/34210-notc … …
- El Mundo: Anos de intemperie, incomprensión e rechazo sobre Albert Camus http://elmun.do/1aam2ow
- Lecturalia: Centenario do nacemento de Albert Camus http://owl.li/qCfgt
- Revista Barbar: Carta de Camus ao seu maestro logo de recibir o Nobel en 1957: "Se a súa ensinanza non houbera sucedido nada disto" http://www.estandarte.com/noticias/autores/carta-de-albert-camus-a-su-maestro_2142.html …
- Semana: Albert Camus, o estranxeiro centenario http://www.semana.com/cultura/articulo/albert-camus-centenario/362277-3
- Espresso (Portugal): http://expresso.sapo.pt/cem-anos-de-albert-camus=f839777
6.11.13
Guionista de televisión imparte conferencia para o alumnado de 1º Bach e 4º ESO
Eligio Rodríguez Montero foi guionista, entre outros, de Mareas Vivas, O Show dos Tonechos e Hispania, la leyenda.
A serie que máis prestixio lle deu foi Gran Hotel. Actualmente, ten unha oferta de traballo en Madrid para coordinar unha nova serie dun coñecido canal de televisión estatal.
Recentemente presentou a novela La vieja viña a partir da serie de televisión Gran Reserva. A novela editouna o Grupo Planeta. La vieja viña é un relato trepidante no que se mesturan elementos clásicos do xénero policíaco cos propios dunha historia de amor imposible, no contexto do suxerente universo do viño, todo ambientado na Rioja.
4.11.13
IV Día da Ciencia en Galego - o dereito a gozar da ciencia en galego

Temos a sorte de poder participar na videoconferencia que impartirá Jorge Mira o vindeiro martes 12 de novembro a partir das 12h30 na biblioteca.
Páxina web: http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm
Sinopse: Poucas etapas da
historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica.
Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo que
habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños,
usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.
31.10.13
Inés e Silvia, reporteiras para Radio Burela
Non vos perdades.... Radio Burela facendo eco das actividades
desenvolvidades no IES Perdouro.....
As alumnas de 4º de ESO, Inés e Silvia, narran as súas impresións en
Radio Burela despois de visionar a longametraxe Shoots
from Abissinia de Ovidio Fernández protagonizada por Abdul, o
seu fillo etiope adoptado, que fai unha viaxe as súas orixes.
Miruca Parga, coordinadora do ENDL, da a coñecer á audiencia de
Radio Burela unha das actividades programadas polo seu departamento
e comparte o valor didáctico tanto técnico, social, cultural como
lingüístico deste filme documental.
Informo que estará disponible o DVD en breve na biblioteca do
centro.
Escoitade a entrevista en Radio Burela na seguinte ligazón a partir
do minuto 18' http://www.ustream.tv/recorded/40347603
Crónica de Aitor López Anello do documental "Shoots from Abyssinia"
Algunhas veces teño pensado: Se estamos entre os países máis desenvolvidos, cales son as nosas responsabilidades con respecto ao resto do mundo? Cal é o futuro que espera a África? Hai esperanza para África, a pesar dos intereses económicos dos usureiros?
Moitas das respostas a estas preguntas atopeinas este luns pola mañá na biblioteca do Perdouro. Parece incrible, mais é certo: asistín á proxección dun dos mellores e máis humanos documentais que vin na miña vida e despois puiden participar nunha charla-coloquio que me resultou moi instructiva e gratificante.
Moitas veces cando un pensa en África ten a idea da fame, a pobreza extrema, a corrupción… Mais África non é só iso. Esa é unha das mensaxes do Documental “Shoots from Abyssinia”, que nos mostrou que aquel continente ten esperanza, que en África hai xente que vale e que a mellor das actuacións responsables de occidente é deixalos en paz. Porque, cada vez que se nos ocorre unha brillante idea “para o seu propio ben”, acabamos desfacéndolles medio país.
O documental está feito por Ovidio Fernández, un galego de Navia de Suarna. Este cámara de TVE en Galicia un bo día decidiu adoptar un rapaz etíope. Cando foi alá para ver o rapaz por primeira vez, quedou prendado do país e da xente. Catro anos despois, pensaron en retornar a Etiopía para que o rapaz coñecese a súa cultura. O pai adoptivo púxose á frente da expedición e levou un dos seus bens mais prezado, a cámara de vídeo.
“Shoots from Abyssinia” conta como Abdul retorna ao seu país, como se reencontra coa súa xente e como coñece todo o norte de Etiopía. A viaxe comeza na capital, Addis Abeba, onde Abdul se reencontra cos amigos da infancia nun centro para nenas e nenos orfos. Despois, seguindo a folla de ruta do explorador portugués Pedro Páez continúa a viaxar polo norte do país e a coñecer a historias do mesmo.
O documentario mostra un Estado que en oito anos pasou de estar na pobreza extrema a ter un futuro francamente esperanzador. Etiopía pode parecernos un estado pobre, sen recursos, un estado de fame, mais é unha nación que comeza a levantarse, un país en que os nenos e nenas comezan a ir en masa á escola. Iso chamoume moito a atención, porque eu penso que a base dun país non está nin na economía nin na sanidade, senón na educación. Polo que se ve no vídeo, Etiopía e un país onde comeza a nacer unha clase media acomodada, un país onde comezan a existir boas redes de comunicacións (estradas, liñas de teléfono…). Tamén é certo que o documento nos mostra a outra prespectiva: a do país subdesenvolvido, con moita pobreza, sobre todo no campo.
De todo o que escoitei nesta magnífica conferencia, quédome cunha frase clave: “o único que Etiopía (e África en xeral) piden ao mundo desenvolvido é que este deixe de meter a gadoupa ”. Tárdame que se edite a segunda parte, que nos anunciou o director. Mentres tanto, moitas grazas Ovidio!
Aitor López Anello. 1º Bach A. Opinión publicada na prensa dixital Crónica3 o 31/10/2013.

30.10.13
Macarena Ledo, reporteira para Radio Burela - Samaín 2013
Non vos perdades.... Radio Burela facendo eco das actividades
desenvolvidades no IES Perdouro.....
A alumna, Macarena Ledo, de 4º de ESO é entrevista en Radio Burela
pola súa actuación e colaboración con BiblioPerdouro na xornada de
celebración do Samaín - Lectura terrorífica no recreo - , e ademais
fai en directo un avance do fragmento dun relato de Edgar A. Poe,
texto seleccionado e preparado coa axuda da súa profesora de Música,
Dolores Otero.
Atentos a partir do minuto 28':http://t.co/1sqszDBfmH
(fixádevos que ben o fai!)
29.10.13
Proxección do filme documental "Shoots from Abyssinia" de Ovidio Fernández
Ovidio Fernández traballou como cámara de TVE en Galicia e decidiu realizar esta gravación polo norte de Etiopía para mostrar unha viaxe na que un dos seus fillos adoptados vai en busca das súas orixes. Coa voz de Abdul vainos presentando unha Etiopía liberada dos tópicos, Guíamos polas súas cidades, aldeas, templos, etnias, paraxes.... ata chegar á fontes do Nilo Azul onde ten lugar un simbólico bautismo do protagonista.
Os alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistiron á proxección e realizaron algunhas preguntas sobre a seu contido.
Trátase dun documental de 100 minutos que resultou interesantísimo e que nos achegou á verdadeira situación de Etiopía na actualidade.
Para información sobre Ovidio e a súa longametraxe:
Para información sobre Ovidio e a súa longametraxe:
28.10.13
Samaín - recomendacións de lectura para pasar medo
Se queres pasar medo, terror e espanto, pásate pola biblioteca e lévate un dos libros da nosa selección. Bótalle un ollo!!
Samaín - facendo ambiente
O alumnado de 1º de ESO estivo encargado de ambientar o centro co propósito de celebrar Samaín, o aninovo celta. A súa tarefa consistía en reciclar e reutilizar os resíduos para idear un conxunto de decoracións. Botes de iogures, de leite, latas, tubos de papel convertéronse en morcegos, arañas, caveiras, esqueleto, cabazas, pantasmas e lámpadas.
Mirade que creativos foron!!!!
Mirade que creativos foron!!!!
24.10.13
22.10.13
Barco "Muralla de Lugo" no Perdouro
Co motivo do 20 aniversario da Asociación cultural Os Matos, estivo atracado no Perdouro o barco "Muralla de Lugo" da Deputación co próposito de achegar o alumnado do centro ao mundo natural e de sensibilizalo e concienciarlo do patrimonio cultural, natural e etnográfico da provincia.
O obxectivo desta aula móbil medioambiental é dar a coñecer a provincia de
Lugo, as súas reservas da biosfera, os produtos autóctonos e as feiras e
festas da provincia, ademais de contribuir a promocionar a muralla de
Lugo, no décimo aniversario da súa declaración como Patrimonio da
Humanidade.
O barco pesa 3.500 quilos e conta cunha dimensión exterior total de 12 metros de longo e 5 de alto e foi construído por unha empresa de Burela e pintada en Viveiro, sendo as súas cores o vermello, o azul mariño e o verde. No seu interior conta con todo tipo de información medioambiental, así como mobiliario e material náutico cedido polas confrarías da Marila e Viveiro. Ten unha parte expositiva con capacidade para 40 paneis de fotografías, na que se atopa unha sección de imaxes que aportou a asociación 'Terra de Viveiro', e entre as que destaca a fotografia máis antiga que se conserva do porto viveirense.

Os perigos de internet en cómic do Valedor do Pobo

Lembra conectarte sempre de forma segura:
- Coa lectura do tebeo aprendemos que non debemos facilitar os nosos datos persoais a calquera persoa que no lo pida.
- Non deberemos enviar fotografías (nen nosas nen dos nosos compañeiros) a terceiros.
- Debemos informar aos nosos pais de con quen e de como nos conectamos.
- Sería moi bo facer aos pais partícipantes dos nosos lugares nas redes sociais para que poidan protexernos de calquera que nos queira facer mal ou enganarnos.
Podes descargar o PDF aquí.
21.10.13
Xestión sostible da auga - GAIA
Mª José e Begoña, monitoras de GAIA (a aula mediombioental do Concello) deron comezo a un ciclo de charlas sobre educación medioambiental no Perdouro destinadas ao alumnado de 3º e 4º de ESO.
Esta semana, trataron a temática da auga e da súa xestión sostible co obxectivo de informar sobre a cantidade de auga apta para o uso humano no noso planeta, reflexionar sobre os usos que facemos da auga e informar sobre as diferentes medidas de aforro da auga.
Puntos tratados:
- Distribución da auga na terra.
- Consumo de auga ( procesos industriais,actividade mineira,agricultura e ganadería,actividades recreativas,extinción de incendios,etc.
- Consumo por sectores.
- Distribución do consumo de auga nos fogares.
- Ciclo da auga ( captación,Etap,Rede de saneamento,Edar,Emisario).
- Problemas da falta de auga.
- Instalación de perlizadores e reductores de caudal.

20.10.13
15.10.13
Momentos de lectura, participa! #estoulendo ...
Concurso nas redes sociais: Indícanos cal é o teu momento, lugar ou postura de lectura favorito participando co hashtag #estoulendo ... boca arriba, as escuras, no sofá, debaixo da miña mantiña, cunha taza de chocolate..... Deixádevos levar!!! Prazo: 25 de outubro .
Premio para quen consigua máis rechíos.
Premio para quen consigua máis rechíos.
Concurso de fotografía: Ademais podes participar enviando a ies.perdouro.biblioteca@gmail.com unha foto túa no teu momento de lectura favorito. Prazo: 20 de outubro
Premio a mellor foto orixinal.
Esperásmote!!
Rosalía ... para escoitarmos
No 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, desde a Coordinadora de traballadores e traballadoras da normalización da lingua chéganos esta selección de recursos en audio arredor da figura e da obra da autora:
"Rosalía para todos os gustos! Rosalía en todos os estilos! Pop, hip hop, muiñeira, rock, jazz, música antiga, tradicional, blues, fusión... Rosalía para tod@s!
"Rosalía para todos os gustos! Rosalía en todos os estilos! Pop, hip hop, muiñeira, rock, jazz, música antiga, tradicional, blues, fusión... Rosalía para tod@s!
14.10.13
Concerto didáctico de percusión por Israel Arranz
Dolores Otero, profesora de música, coordinou un concerto didáctico de percusión coa colaboración de Israel Arranz.
O luns 14 de Outubro os alumnos de 3º e 4ºde ESO puideron disfrutar da música de Israel Arranz no instituto!!!!!!
Ao longo de case dúas horas ofreceunos un concerto de percusión de grande dificultade técnica, no que ademáis de escoitar a música en directo puidemos visualizar as partituras e aprender un montón de cousas coas súas explicacións.
Músico de jazz entre outras cousas e multiinstrumentista especializado en vibráfono ofreceunos unha última peza chamada “ Silvia”, obra de composición propia para cuarteto de jazz e arranxada por el mesmo para vibráfono, TODO UN ESPECTÁCULO!!!!!!!
Foi un auténtico privilexio contar cá presencia de Israel
Esperamos que volva por aquí!!!!!!

9.10.13
Alumnos de 4º ESO no acto de clausura da exposición sobre Roberto Vidal Bolaños

Subscrever:
Mensagens (Atom)