
O acto, organizado pola A.C. “Os Matos”, consistiu nunha charla dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, que seguiu con interese a intervención de Fernando Otero.
A súa exposición versou sobre o traballo que se desenvolve en Capitanía Marítima, que ten como principal obxectivo “velar pola seguridade marítima”. Na súa intervención falou sobre “a seguridade da vida no mar” e “o cumprimento de normas sobre contaminación marítima”.
Antes de rematar informou sobre os estudos necesarios para alcanzar a titulación para traballar en barcos ou como funcionario en distintos servizos de Capitanía. Varios alumnos interesáronse por estes temas facendo preguntas ao respecto.
Sem comentários:
Enviar um comentário