O pasado 16 de xaneiro na Biblioteca do IES Perdouro presentáronse os Vos Encontros de Banda Deseñadada Mariña, uns encontros que comezaron no ano 2009 e que teñen dous obxectivos
básicos: por un lado, a posta en coñecemento do apaixoante mundo do cómic e,
por outro, dinamizar a vida da Biblioteca, xa que o cómic é un bo recurso para
fomentar a lectura entre o máis novos. A adquisión de moitas obras novas para
os fondos da Comiteca posibilita a consulta e a lectura de calidade, o que fai
que o noso alumnado mostre interese por este tipo de obras.
Durante estes tres meses, o Instituto transfórmase: as aulas, as paredes, as ventás… todo serve de soporte para os debuxos dos rapaces que decoran todo o centro coas súas personaxes preferidas.
Outra das actividades habituais dos Encontros é a proxección de películas e curtas de animación. Así, os rapaces poden acceder a películas ás que, doutro xeito, lles resultaría difícil achegarse.
Ademais de todas estas actividades, os Encontros de BD na Mariña convocan un concurso de creación de BD en tres categorías: ata 13 anos, de 14 a 18 anos e unha categoría aberta. As bases deste concurso pódense consultar no propio blogue dos Encontros (bandadesexada.blogspot.com). Asimesmo, os Encontros contan cunha revista propia, chámase “Banda Desexada” e presentouse o nº 4 que vimos de editar e nel aparecen os cómics dos primeiros e segundos premios da anterior edición, entrevistas…
Para rematar, queremos agradecer a axuda que para estas actividades recibimos do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Instituto e tamén do Concello de Burela, así como a colaboración de todo o profesorado e alumnado que participa nelas.
Sem comentários:
Enviar um comentário