Foron os alumnos de 4º de ESO e 4º PDC os que se encargaron da acollida no centro educativo. O itinerario que lle tiña preparado o IES Perdouro pola Mariña aos alumnos de Rianxo empezou en Cervo visitando un empresario Modelo Burela, o alfareiro Estéfano Gudín. Fixeron unha parada ao complexo industrial de Sargadelos onde se lles falou de Isaac, Dieste e Seoane así como da historia do Marqués de Sargadelos.
POR PRIMEIRA VEZ Proxecto Neo gravou un programa en directo realizado desde FÓRA DO ESTUDIO de Radio Burela, conducido polos presentadores do programa de radio educativa da Emisora do Corazón da Mariña: Maka Ledo, Simon Rodriguez Rouco e Sergio Rivas Baliña. DE BURELA A RIANXO A TRAVÉS DAS ONDAS! Foi a primeira vez que RadioBurela fixo unha experiencia destas.
Ao medio día, houbo unha comida de confraternidade entre os participantes na área recreativa do Cantiño e logo uns xogos populares.
Pola tarde, de camiño a casa, os alumnos de Rianxo pararon en Mondoñedo para visitar no seu itinerario literario as tumbas de Cunqueiro, Pascual Veiga e Leiras Pulpeiro.
Pola tarde, de camiño a casa, os alumnos de Rianxo pararon en Mondoñedo para visitar no seu itinerario literario as tumbas de Cunqueiro, Pascual Veiga e Leiras Pulpeiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário