1.4.15

Visita dos alumnos de 2º de mecanizado a Garsán de Burela

O pasado xoves 19 de marzo, os alumnos de mecanizado do IES Perdouro visitaron GARSÁN, unha empresa que leva colaborando co centro desde o ano 1983. Xa na antiga FP acollía ós alumnos que querían realizar as prácticas nas súas instalacións. Daquela eran un par de horas un día á semana. Agora son 410 horas de formación en xornada habitual da empresa. Tódolos anos algún alumno realiza a súa formación nesta empresa e ó seu remate suele incorporarse na plantilla da mesma,. Polo tanto, é moi importante para o departamento de mecanizado manter unhas relacións fluidas con Garsán e estar ó tanto dos medios tecnológicos e das innovacións cos que conta a empresa para que a formación dos alumnos vaia encamiñada a surtir o que o mercado e a empresa moderna precisan.
Nesta visita trátase diso, de analizar o nivel de implantación das novas tecnoloxías no sector privado, comparar os sistemas de fabricación da empresa privada cos do centro educativo, complementar a formación recibida no centro e darlle a coñecer ós alumnos unhas das principales empresas do sector de Fabricación Mecánica.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...