O Festival Audiovisual da Mariña, Imaxiña 2015, que organiza a Fundación
Imdecum estivo presente nas aulas do IES Perdouro co artista burelao Davixino como padriño do certame e coa
colaboración do realizador audiovisual focego Manuel Gil.
Manuel
Gil foi o encargado dun obradoiro de iniciación á fotografía de 2 horas
de duración onde compartiu experiencias, coñecementos e sobre
todo a súa ilusión e paixón pola arte co alumnado de 4º de ESO e 1º de
Bach. Os
rapaces/as aproximáronse ás técnicas fotográficas, traballando sobre o
encadre, as fotos con móbiles e cámara dixital..., pero tamén coñeceron
as propostas de edicións anteriores, incidiron na mirada propia de cada
persoa.
DaviXino visitou o centro o pasado luns 14 de decembro e achegou o mundo do
debuxo e a historia da arte da cerámica de Sargadelos ao estudantado, e abordou o bosquexo como principio esencial de todas as
artes.
Na iniciativa audiovisual, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o alumnado poderá dar renda solta á súa creatividade a través do concurso final, en dúas categorías, fotografía e vídeo, ata o 30 de decembro. Coa chegada de 2016, a Fundación Imdecum fará público o nome dos gañadores, que recibirán unha cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados.
Información recollida da web de Imdecum.
Sem comentários:
Enviar um comentário