30.9.17

Aulas activas de seguridade viaria - Charla Stop Accidentes

O martes 19 de setembro os alumnos de 4º ESO asistimos a unha charla sobre concienciación viaria “Aulas activas de seguridade viaria”, impartida por membros da asocciación “Stop Accidentes” da Coruña, co obxectivo de fomentar a reflexión, o sentido autocrítico nos adolescentes e os cambios de conducta conscientes. A actividade enmárcase no contexto da Semana europea da mobilidade. Nela comentáronnos os perigos que hai nas estradas tanto para os condutores coma para os peóns, relacionados cos accidentes de tráfico e as consecuencias dos comportamentos de risco na estrada. Faláronnos de que debemos ter coidado á hora de cruzar xa que, aínda que teñamos un paso de peóns e preferencia para pasar, a maioría dos condutores non van pendentes de nós.
En primeiro lugar vimos unha presentación na cal había noticias reais sobre persoas que, conscientemente, tomaran decisións erradas e, debido a isto, perderan a vida.

A rapaza que nos estivo explicando isto tamén nos deu consellos para que cando, por exemplo, vaiamos cos auriculares postos pola rúa, teñamos coidado e miremos a ambos os lados á hora de cruzar e evitemos ser atropelados por un coche.
Outra das ferramentas que se utilizaron na charla foron uns vídeos con testemuñas reais de persoas que perderan algún familiar, enfrontadas con xente que disfrutaba circulando a grande velocidade nos seus automóbiles. Isto fíxonos entender que a velocidade nunca é segura. 

Estes vídeos impactáronnos bastante xa que nós pensamos que nunca nos vai pasar nada... ata que nos pasa. E... a vida non é un xogo que poidamos reiniciar e volver comezar: se tomamos unha mala decisión e morremos, xa non hai volta atrás.

ZAIRA AGUIAR e LAURA FERNÁNDEZ - 4º ESO B

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...