Este ano foron os alumnos/as de 4º de ESO os encargados de facer a árbore de Nadal que reviste a entrada principal do centro. Idearon reciclar as madeiras dos palés para facer non unha árbore senon dúas!!!
Mans á obra: xuntaron uns cantos palés que tiveron que desmontar. Para iso contaron coa axuda do alumnado de FP Básica. Unha vez desmontadas as táboas pediron ao departamento de Mecanizado unha barilla para facer de mastil para unha das árbores. Tamén contaron coa axuda do departamento de Electrónica para revisar e arranxar as guirnaldas eléctricas.
Árbore 3 D: Esta árbore ten forma helicoídal e tivo que ser montada en dous tramos dentro e fora da aula. Os rapaces recortaron as táboas que fixeran falla para a súa confección, lixáronas, rotáronas e claváronas. O traslado da árbore foi toda unha peripecia. Houbo que desprazala dun edificio a outro co risco que conlevaba o seu importante peso e pouco aguante da barilla. Ademáis pasala pola porta do edificio principal non foi tarefa fácil debido a súa altura. Houbo que inclinala bastante pero logrouse colocala no hall de entrada coronada dunha fermosa estrela de madeira feita por Cristián de 3º de ESO. Os alumnos de 1º de ESO engalanaron a árbore e fixeron os adornos de cor vermella, dourada e prateada.
Árbore 2D: Esta árbore ten 2 caras e quíxose adornar con palabras significativas do Nadal en varios idiomas (galego, castelán, francés, inglés, portugués, caboverdiano, quetxua e romanés). As letras foron pintadas de branco á man para resaltar sobre a madeira do palé e logo pegadas. A guirnalda eléctrica que ilumina a árbore foi feita con bolas de ping-pong. Houbo que facerlles a cada bola un burato para introducir o led da guirnalda.
Un traballo colaborativo onde a participación foi moi creativa e dinamizadora. Un gran alento de motivación para todos o alumnado involucrado! Parabéns a María José Pardiñas por confiar na vosa profesionalidade rapaces!!
Sem comentários:
Enviar um comentário