O día un de xuño os alumnos e alumnas de 2º de ESO viaxamos a diferentes portos naturais, acompañados pola nosa profesora de Xeografía e Historia, Maribel, polo noso profesor de Lingua Galega, Bernardo, e por Antón, exprofesor de Relixión. O primeiro porto que visitamos foi o de Rinlo. Explicáronnos un pouco sobre o pobo e a súa historia. Logo fixemos un traballo que consistía en facer 3 tipos de fotos, unha dunha panorámica do pobo, outra dun monumento emblemático e outra dun traballador ou habitante. En Rinlo tivemos 20 minutos para facer as fotos e unha vez feitas arrancamos ao próximo porto. A seguinte visita foi en Castropol. Alí explicáronnos a historia do club de remo e un pouco sobre o pobo. Tivemos como media hora para tomar a merenda e facer as fotos. Seguidamente fomos hacia Porto Vega. Vimos o museo Etnográfico de Navia, onde nos explicaron curiosidades sobre as baleas e o seu aproveitamento. Xantamos e exploramos polo pobo para facer as fotos. Por último o porto de Viavélez, como en todos os portos, tivemos tempo para velo e para facer as fotos. Xa era hora de irse. Para min foi unha das mellores viaxes xa que algúns deses portos nunca os vira. O mellor foi poder coñecer novos sitios. Chegamos a Burela sobre as 18:00 horas, contentos pero cansos de todo o que tivemos que percorrer e facer.
Accede aquí ao albúm de fotos.
Accede aquí ao albúm de fotos.
Crónica de Cristina Gil López, 2º ESO A
Sem comentários:
Enviar um comentário