20.3.19

A ciencia como profesión - traballo de campo

O alumnado de 2º BAC de TIC levou a cabo un traballo en relación co papel da muller na ciencia.
No noso centro realizaron a enquisa para este traballo un total de 168 homes e 192 mulleres, entre os alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO e 1º e 2º BAC. Comparamos estes datos cos achegados pola enquisa do Campus Terra de Lugo, feita a científicos e científicas.
A conclusión foi que as alumnas coincidiron en moitas máis respostas coas científicas que os alumnos cos científicos. Pero, aínda así, a ciencia e a enxeñería parecen ser aínda “cousa de homes”, posto que as mulleres están infrarrepresentadas neses campos.
Isto pode ser debido a que historicamente quedaron apartadas, consideradas incapaces de realizar traballos de este tipo.
Pese aos obstáculos encontrados, imos vendo que as mulleres van abríndose camiño e o seu número aumenta cada vez máis no mundo científico. Porque, en definitiva, non deberían existir diferenzas entre sexos á hora de elixir o que se vai estudar, posto que non hai carreiras específicas para homes nin específicas para mulleres, todos estamos igual de capacitados para todas.


Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...